27 de nov. de 2012

A XUNTA UTILIZA MÉTODOS PSEUDO MAFIOSOS COS EMPREGADOS DE EXPOSALNÉS.

A empresa pública Agader, da Xunta, acaba de aprobar unha nova Relación de Postos de Traballo mediante a cal, desaparece o persoal do Centro Comarcal do Salnés (Exposalnés)
. Fontes próximas aos traballadores indicaron que dous empregados fixos recibiron a carta de despedimento a semana pasada e que deberán abandonar o seu posto este mesmos venres; mentres que unha terceira será recolocada na delegación de Pontevedra . 
No entanto, descoñecen cando deberá incorporarse ao seu novo destino e aínda que mentres podería permanecer nas instalacións cambadesas, estas novas circunstancias fan aínda máis incerto o futuro do recinto pois aínda non se comunicou que destino terá, unha vez que a súa razón de ser, a Fundación Comarcal do Salnés, está en trámites de supresión, do mesmo xeito que o resto das de Galicia. 
Cabe recordar que o BNG de Cambados presentou escrito no Concello de Cambados para  que este instara á Xunta que unha vez termine este procedemento administrativo, o edificio volva ser de titularidade municipal. O alcalde, Luís Aragunde imcomprensiblemente quere converter este edificio que lle custou os cambadeses  no ano 1995 sesenta millóns das antiguas pèsetas nun arquivador municipal. 
Con todo, aínda non se tomou ningunha decisión respecto diso e ata entón o centro segue semi abandonado e podería permanecer pechado, ao non ter persoal que o atenda. Nel só quedará o técnico da Ruta do Viño Rías Baixas pero iso non está entre as súas funcións. Ademais, cabe recordar que leva un ano sen limpeza nin labores de mantemento, o que, en palabras do sindicato CIG responde á “constante discriminación” exercida pola Xunta neste  e o resto de centros de Galicia. E é que en total foron despedidos 23 empregados “coa casualidade de chegan un mes despois dás eleccións e todos correspóndense a persoas que gañaran, con anterioridade, xuízos por outras ilegalidades dá Xunta”. De feito, os traballadores tachan este despedimento colectivo de “represalia”, unha “limpeza”, coa crise económica como escusa. Algúns traballadores recordaban onte que existía un acordo mediante o cal, a administración sacaría as prazas mediante concurso oposición. Agora preparan mobilizacións e xa pediron unha entrevista cos grupos parlamentarios e o Goberno galego. 

Ningún comentario: