27 de nov. de 2012

DANOS NO CIMITERIO DE SANTA MARIÑA POR COUSA DO PASADO TEMPORAL

O forte temporal de vento que na noite do venres ao sábado azoutou a comarca deixou varios sustos entre os veciños do Salnés. O efecto máis daniño deixouse sentir en Cambados,
concretamente no cemiterio de Santa Mariña, onde a caída dunha árbore ocasionou a rotura de polo menos dúas lápidas.
A mesma noite noite deixou tamén no camposanto cambadés un regueiro de pequenas desfeitas, como un enreixado de ferro ou varias macetas que onte amenceron esnaquizadas. Afortunadamente, os arcos que integran o conxunto arquitectónico non sufriron danos.
O suceso foi moi comentado onte en Cambados, onde algúns veciños aventuraban que o que afectara a Santa Mariña seguramente fora un tornado, posto que a árbore non só caera, senón crebouse pola metade. Xa pola mañá, a árbore foi retirado e cortado en anacos.
Segundo os datos que ofrecía onte Meteogalicia, na comarca chegáronse a alcanzar refachos de vento de 78 quilómetros por hora. 

Ningún comentario: