6 de nov. de 2012

“AS TASAS XUDICIAIS: UNHA ESTAFA EN TODA REGLA”

Avogados e procuradores concéntranse ante os xulgados contra a politica do PP.
Os profesionais entenden que as taxas prexudican ao cidadán e que Ruiz Gallardón , Ministro de Xustiza non está a altura das circunstancias.
A protesta contra a decisión do Goberno central de aplicar unha taxa xudicial está tendo por agora un seguimento morno no Salnés. Nin os xuíces de Vilagarcía nin os de Cambados sentáronse a falar aínda da posibilidade de adoptar algunha medida reivindicativa, mentres que os sindicatos que representan aos funcionarios non prevén pronunciarse "porque é algo que profesionalmente a nós non nos afecta, aínda que a título persoal parézame unha estafa en toda regra", sostén o delegado da CIG, Xaquín Charlín.
Quen si convocaron un acto formal de oposición son os órganos representantivos dos avogados, que promoven unha concentración diante das sedes xudiciais para as 12 do mediodía deste venres. Así, a protesta levará a cabo tanto en Vilagarcía como en Cambados. Xaquin Charlin fara todo o posible para que os seus compañeiros apoien tamén estas reividicacións.
A famoso avogado Carlos Alonso con duas compañeiras.
En canto aos procuradores, o seu Consello Xeral a nivel estatal optou por remitir un escrito aos grupos políticos presentes no Congreso instándolles a introducir emendas no proxecto do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. De todos os xeitos, o Colexio de Procuradores de Pontevedra, que dirixe o cambadés Jesús Martínez Melón, enviou unha carta aos seus asociados informándolles da concentración dos avogados, para que acudan os que así o desexen.
Así as cousas, e aínda que polo momento ningún outro órgano xudicial do Salnés pronunciouse a nivel institucional a favor de adoptar medidas de protesta, os avogados confían en que o venres estean acompañados nas súas concentracións por outros membros da profesión xudicial. O paro durará sobre media hora, segundo as comunicacións remitidas aos profesionais polo Colexio de Pontevedra.
Jesús Martinez Melón
O delegado deste colexio en Cambados, Gonzalo González López, manifestou onte que "as taxas xudiciais son prexudiciais para todos os cidadáns porque lle dificultan o acceso á administración de xustiza", posto que os que desexen litigar deberán abonar antes unha cantidade económica, o que se aplica sobre todo para asuntos da orde civil, como reclamacións de débedas.
"A xente non acode á administración de xustiza por capricho", manifesta o avogado, para quen os casos de abuso da xustiza xa poden castigarse coa imposición das costas.
Nova recollida de Faro de Vigo.

Ningún comentario: