6 de nov. de 2012

FOLE, ALCALDE DE VILAGARCIA, INSULTA AS TRABALLADORAS DE ALFAGEME

Onte as mulleres de Alfageme, que non paran de pregrinar polo mundo do desentendemento e desidia do PP, tiveron unha actividade inusitada tanto pola mañan como pola tarde.
Pola maña traballadoras de agónica empresa entregaron  latas de conserva en concellos en sinal de protesta. Traballadores das fábricas conserveiras do grupo Alfageme entregaron
onte latas de conservas nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Ribadumia e O Grove, para protestar pola situación na que se atopan, polo proceso de liquidación desta empresa.
Xunto coas conservas as empregados fixeron entrega dun escrito no que indicaban que tras os "tres anos que levan pechadas as fábricas, estas latas están caducadas".
Onte estaba previsto que a Consellería de Economía abrise as plicas coas ofertas das empresas que concorren ao proceso de compra das plantas de Alfageme, pero segundo a secretaria da CIG Rosa Abuin, os representantes dos traballadores non teñen constancia de que se fixo.
O xuíz do mercantil numero tres de Vigo iniciou a liquidación de Alfageme ao presentar os administradores concursais un escrito no xulgado solicitando a poxa, ao non ter novidades do IGAPE, segundo afirmou Abuin.
Abuin recordou que "na poxa só se recuperarán uns 3 millóns dos 30 que concedeu a Xunta á familia Lago" e reiterou que o peche destas fábricas deixarán na rúa a 150 persoas.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) decidiu presentar unha querela por prevaricación contra o titular da Consellería de Economía, Javier Guerra.
Todos vos acordados en en campaña electoral o inutil do conselleria decia que o Asunto de Alfageme estaba arraglado, pois xa vedes que como Feijo no asunto dos asteleiros, mentiron coma bellacos.
Pola tarde as traballadoras foron invitadas polo BNG a participar no pleno de Mancomunidade do Salnés presidida pola imcumplidor maior do reino e Alcalde de Vilanova Gonzalo Durán, quen na compaña dos seus secuaces do PP, entre eles o Alcalde de Vilagarcia non lles gustou nada “esta invitación”. Incluso segundo di Rosa Abuin no video da Voz de Galicia que podedes ver premendo AQUÍ, que o Alcalde de Vilagarcia  tivo a desfachatez de insultar as traballadoras de Algageme, este debe pensar que o mundo está cheo de “señoritos” coma él que viven do conto e da politica como vive el.
As traballadoras entraron no pleno co grito de “Tanta reunión,  ningunha solución”, e habia que ver a cara de Fole, era todo un poema.
 A CIG e o BNG foron os unicos que estiveron  apoiando os postos de traballo de Alfageme mentras o PP última a súa subasta e a destrución do emprego na Comarca do Salnés. Agora os que votan a estes insufribles teñen tanta o mais culpa que eles da desaparición destes postos de traballo. 





Ningún comentario: