18 de nov. de 2012

EXPOSALNES DE ARQUIVADOR?

O outro día liamos na prensa  “Aragunde sopesa trasladar o arquivo local a Exposalnés”. Home,  un fica sorprendido porque  unha inversión de 60.000.000 de ptas da ano 1994
(que hoxe seria unha burrada de cartos) non é como para usala como simple arquivador,  moitos cambadeses pensan que Exposalnés pode e debe ter outras opcións
A todo isto previamente a Xunta ten que ceder novamente o uso o Concello de Cambados, haberia que ver co está o contrato de cesión porque o inmueble que os cambadeses saiban segue a ser de propiedade municipal.
Como todos sabedes o arquivo municipal sitúase actualmente na última planta do Concello de Cambados.
O Concello aspira a que este edificio reverta ao patrimonio municipal, tendo en conta que quedou baleiro de contido como consecuencia da disolución das fundacións comarcais.
Á espera de que se resolva esta cuestión, o goberno local prefire deixar todas as portas abertas á hora de definir os posibles usos do centro: o de arquivo municipal é unha das que cobra máis forza.
Moita xente di que para charlas pequenas, presentacións de libros, reunións, sede da mancomunidade, roldas de prensa a Sala de Exposalnés ademáis de outras opcións,  e ideal, ademais de exposición que no seu caso coincidan coas existentes no Pazo de Torrado que en principio tamén como todos sabemos foi mercada para sede do Consello Regulador, houbo unha batalla entre Marisol Bueno e Touris e gaño u a “vasca” nin tan siquera ficou como Sede histórica como tantas veces nos prometeu Touris.
Outra opción mais lóxica seria usar como arquivador a actual sede de Mancomunidade do Salnes.

Ningún comentario: