É un dito moi recorrido pero é totalmente certo e ainda mais neste tempos de crise , ou saen ideas novas ou os negocios vanse o garete. A Marcos González, podenselle reprochar moitas cousas e mais dunha vez xa o temos feito, como o final
deste artigo, pero en ideas Zona Centro xa salvou mais dunha vez a moitos negocios de Cambados a que non “pingaran o moco”.
deste artigo, pero en ideas Zona Centro xa salvou mais dunha vez a moitos negocios de Cambados a que non “pingaran o moco”.
![]() |
| Taperia Ventos |
Esta vez Zona Centro mata dous páxaros dun tiro a vez que promocionan a zamburiña levan xente os bares de Cambados moi falto dela ultimamente e así a nosa vila celebra por primeira vez unhas xornadas de exaltación da zamburiña e participan 15 negocios hostaleiros, a ración de zamburiña custa 5 euros, e se se acompaña dunha botella de albariño recomendado véndese a 12.
As xornadas celébranse desde o venres 23 de novembro ata o domingo 9 de decembro -inclúen polo tanto a ponte festiva da Constitución. Cada un deles realizará unha preparación distinta da zamburiña.
![]() |
| A dos Piñeiros |
Os cociñeiros destes locais presentarán a zamburiña con distintas salsas e guarnicións, como bacallau en salsa de nécoras, empanada, alioli de froitos vermellos, salteado de cogomelos ou vinagreta de algas.
Para incentivar aos consumidores en cada establecemento hai uns cartóns-guía, cun rueiro que sitúa os 15 locais participantes e os seus respectivos pratos. Así, as persoas que selen en catro negocios distintos e que entreguen o cartón antes do 10 de decembro entrarán no sorteo de 15 vales de consumición, de 20 euros cada un. Para iso, deberán depositalo na urna antes do 10 de decembro e o sorteo realizarase dous días despois, ás 13 horas, no Centro Comarcal do Salnés (Exposalnés).
Colaboran coa iniciativa Porto de Cambados -a empresa que lidera a confraría San Antonio- e a adega Pazo de Villarei, pois serven a volandeira e o viño a prezos máis reducidos para que tamén os negocios póidanos baixar ao público.
![]() |
| Marcos González |
Falando de Marcos Gonzalez e aproveitando o artigo, desafortunadas o outro día as manifestacións a Faro de Vigo decindo que “cre que entre os sindicatos e os autónomos -propietarios de tendas e locais de hostalería- hai un abismo difícil de salvar". "O pequeno autónomo, polo xeral, non confía no sindicalismo. Terían que implicarse máis connosco". Marcos González tampouco cre que as folgas dean moito resultado, e pon o exemplo de Grecia. "E hai que pensar na mala imaxe que damos no resto de Europa". Marcos moita da xentes que son clientes dos vosos locais ou somos sindicalistas ou estamos afiliados a sindicatos, ou imos a manifestacións, e a veces por defender a patronal non todo vale querido Marcos, grazas os sindicatos moitos traballadores pasaron de traballar 16 horas a traballar 8, de non ter vacacións a telas, de cobrar sueldos miserentos a cobrar soldos decentes etc, ate que o PP entrou novamente no poder e nos está a levar a banca rota e a miseria. E as veces as folgas son necesarias e non deberias criticar a multitude de xente que participou nelas na comarca de Arousa o 14-N, porque en definitiva son os que vos damos de comer o pequeño comercio e deixar de defendar menos as politicas d o PP que o final estes a quen defenden é as grandes superficies e neste tema ti sabes moito.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
1 comentario:
Me parece perfecto !!!
Publicar un comentario