17 de nov. de 2012

RENOVARSE OU MORRER. XORNADA DE EXALTACIÓN DA ZAMBURIÑA.

É un dito moi recorrido pero é totalmente certo e ainda mais neste tempos de crise , ou saen ideas novas ou os negocios vanse o garete. A Marcos González, podenselle reprochar moitas cousas e mais dunha vez xa o temos feito,  como o final
deste artigo, pero en ideas Zona Centro xa salvou mais dunha vez a moitos negocios de Cambados a que non “pingaran o moco”. 
Taperia Ventos
Esta vez Zona Centro mata dous páxaros dun tiro a vez que promocionan a zamburiña levan xente os bares de Cambados moi falto dela ultimamente e así  a nosa vila  celebra por primeira vez unhas xornadas de exaltación da zamburiña e participan 15 negocios hostaleiros, a ración de zamburiña custa 5 euros, e se se acompaña dunha botella de albariño recomendado véndese a 12. 
As xornadas celébranse desde o venres 23 de novembro ata o domingo 9 de decembro -inclúen polo tanto a ponte festiva da Constitución. Cada un deles realizará unha preparación distinta da zamburiña.
A dos Piñeiros
En Cambados non hai asociación de hostalería, e a de comerciantes quere cubrir este oco organizando actividades para os hostaleiros, que é un dos sectores económicos máis destacados e prestixiosos do municipio. Así, o ano pasado xa se celebraron un concurso de petiscos e outro con motivo da festa da vieira. Os negocios que participan son: A dos Piñeiros, Pandemonium, Thelma, O Camarote, Ventos, Ribeira de Fefiñáns, o Parador, A Taberna do Trasno, Vagoviños, Ribadomar, A Esquina dá Meiga, O Arco, A Casa de Miguel, Lume de Leña e Mar de Arousa (Reboredo).
Os cociñeiros destes locais presentarán a zamburiña con distintas salsas e guarnicións, como bacallau en salsa de nécoras, empanada, alioli de froitos vermellos, salteado de cogomelos ou vinagreta de algas.
Para incentivar aos consumidores en cada establecemento hai uns cartóns-guía, cun rueiro que sitúa os 15 locais participantes e os seus respectivos pratos. Así, as persoas que selen en catro negocios distintos e que entreguen o cartón antes do 10 de decembro entrarán no sorteo de 15 vales de consumición, de 20 euros cada un. Para iso, deberán depositalo na urna antes do 10 de decembro e o sorteo realizarase dous días despois, ás 13 horas, no Centro Comarcal do Salnés (Exposalnés).
Colaboran coa iniciativa Porto de Cambados -a empresa que lidera a confraría San Antonio- e a adega Pazo de Villarei, pois serven a volandeira e o viño a prezos máis reducidos para que tamén os negocios póidanos baixar ao público.
Marcos González
Ainda que a  iniciativa como xa dixemos parte de Zona Centro ,  o seu vicepresidente, o restaurador Miguel Solla (A casa de Miguel), coordinou a organización xunto ao xerente, co desexo de que sexa outro éxito. “A ver se todos unidos facemos algo”, declarou respecto diso. O propietario da Casa de Miguel (gañador do último concurso de cociña da vieira) explicou que cada local ofrecerá unha receita diferente. Esta iniciativa non será a única executada por Zona Centro respecto da hostalería porque “Miguel Solla ten máis ideas en mente”, apuntou o seu presidente, Marcos González. O noso Alcalde  subese o carro da iniciativa privada porque dende o concello se quitamos a festa do Albartiño, iniciativas moui poucos e cubrenbse de gloria moitas veces grazas a Zona Centro.
Falando de Marcos Gonzalez e aproveitando o artigo,  desafortunadas o outro día as manifestacións a Faro de Vigo decindo que  “cre que entre os sindicatos e os autónomos -propietarios de tendas e locais de hostalería- hai un abismo difícil de salvar". "O pequeno autónomo, polo xeral, non confía no sindicalismo. Terían que implicarse máis connosco". Marcos González tampouco cre que as folgas dean moito resultado, e pon o exemplo de Grecia. "E hai que pensar na mala imaxe que damos no resto de Europa". Marcos moita da xentes que son clientes dos vosos locais ou somos sindicalistas ou estamos  afiliados a sindicatos, ou imos a manifestacións,  e a veces por defender a patronal non todo vale querido Marcos, grazas os sindicatos moitos traballadores pasaron de traballar 16 horas a traballar 8,  de non ter vacacións a telas, de cobrar sueldos miserentos a cobrar soldos decentes etc, ate que o PP entrou novamente no  poder e nos está a levar a banca rota e a miseria. E as veces as folgas son necesarias e non  deberias criticar a multitude de xente que participou nelas na comarca de Arousa o 14-N, porque en definitiva son os que vos damos de comer o pequeño comercio e deixar de defendar menos as politicas  d o PP que o final estes a quen defenden é as grandes superficies e neste tema ti sabes moito.

1 comentario:

Manolo dixo...

Me parece perfecto !!!