20 de nov. de 2012

FALECE O PAI DO XERENTE DE CRISTALERIA FEFIÑANS

Benito Padín Barral, de 73 anos e veciño de Corvillón (Cambados), faleceu esta mañá mentres maniobraba nunha leira cun motocultor O suceso ocorreu pasadas as nove a mañá na parroquia de Corvillón. Benito era pai de Benito Padin,
Xerente de Cristaleria Fefiñans sita no poligono de Sete Pias e sogro da funcionaria dos Xulgados de Cambados Ana Santos. 
Segundo informou Protección Civil de Cambados, o corpo apareceu vertical, atrapado entre o manillar do motocultor e o tronco dunha cepa de kiwi, co peito afundido. As causas da morte determinaranse tras a autopsia. Benito Padín tiña muller e ademais do seu fillo Benito tiña outro fillo, era natural de Vilanova e vivía en Corvillón, onde desempeñaba tarefas de enterrador. As miñas condolencias a familia e en especial a Benito e a Ana.
Fotos recollidas dun video de Martina Miser da Voz de Galicia


Ningún comentario: