20 de nov. de 2012

MEAÑO PERDE O SEU ALCALDE: JORGE DOMINGUEZ

UN ALCALDE DO PP, QUE NON ERA DO PP.
Esta mañá, tras unha longa enfermidade, faleceu Jorge Domínguez, alcalde de Meaño 
Enxeñeiro técnico e técnico superior en Riscos Laborais
de profesión, regresaba a Meaño en 1985 para ocupar unha praza de funcionario logo de vivir durante trece anos en Sanxenxo. En 1991 presentábase ás eleccións encabezando a candidatura de Independentes de Meaño, partido co que gañaría as eleccións por maioría absoluta. Nas lexislaturas de 1995 e 1999 mantería ditas maiorías ata que en 2003 encabezou a candidatura do PPdeG, partido co que repetiría o mesmo éxito electoral. Desde 2003 presidía a Mancomunidade do Salnés e en 2011 foi elixido deputado provincial. 
Estaba claro que Jorge Dominguez non era o tipico Alcalde do PP que non fan mais que obedecer a Louzán  ou como o noso que é un apéndice de Touris, a “ultima trasnada”  que lle fixo a este partido foi compensar a paga extra dos funcionarios do concello de Meaño desobedecendo así o seu partido. Xa en xullo deste mesmo ano Faro de Vigo publicaba este chamativo titular “Un deputado provincial do PP cuestiona a política económica de Mariano Rajoy”, evidentemente referiase a Jorge Dominguez. Eu tiven a sorte de coincidir con el, primeiro como perito xudicial antes de meterse en politica no traballo diario dos xulgados e logo no GDR do cal el tamén era presidente, non era un pepero convencido, era un tio moi listo, tan listo era que unha vez nun debate de Tele Salnes dunhas eleccións municipais, dedicouse caso todo o debate a alabar as cualidades dos seus contrincantes tanto do PSOE como do BNG, deixandos practicamente sen armas. Descanse en Paz.





Ningún comentario: