27 de nov. de 2012

LOUZÁN VOLVESE TOLO E QUERE CONSTRUIR UN CUARTO CAMPO DE FUTBOL EN RIBADUMIA.

UN POBO QUE NON CHEGA OS CINCO MIL HABITANTES.
TEN MAIS CAMPOS DE FUTBOL QUE NO GROVE, CAMBADOS, E TANTOS COMO EN VILAGARCIA.
O BNG e calqueira que teña dous dedos de fronte,   censura o
investimento de 420.000 euros nun novo campo de fútbol 
20 semáforos en menos de 100 ms.
Sería a cuarta infraestrutura destas características para Ribadumia 
O Bloque Nacionalista Galego de Ribadumia censura a decisión do grupo de goberno, apoiados pola deputación provincial de destinar 420.000 euros á construción dun cuarto campo de fútbol no municipio, pasando por encima doutras necesidades prioritarias. Para os nacionalistas, liderados por Xoán Allegue, recordan que o Ribadumia "dispón dun terreo de xogo de herba natural e o Concello conta con outro de herba artificial e outro de terra, polo que construír ese cuarto campo é un claro exemplo de malgaste". 
Os nacionalistas aseguran que van impulsar diferentes iniciativas para denunciar "o malgasto que supón a obra, totalmente innecesaria e de tinguiduras faraónicos". 
Un auditorio infrautilizado.
Louzán e un personaxe que un xa non sabe o que pensar del, despois de gatar mais de un millón de euros  nunha entidade privada como a Sociedade Cultural de Cambados, facer paseos faraonicos polos que ninguen anda ou pagar estatuas de Fraga que logo se  di que o paga o sector do viño,  ou un aditorio tan grande como o de Vilagarcia, agora venos con esta. 
É un agravio comparativo Ribadumia, ten mais semaforos que o Grove,  nunha rúa só contanse preto de 20. E a poboación preguntase ¿Por qué esta demostración do poder na súa patria chica se agora xa non ten a Nene de rival? 
E despois temos que oir que non hai cartos para sanidade, educación ou xustiza.

Ningún comentario: