27 de nov. de 2012

O BNG DENUNCIA UN VERTEDOIRO INCONTROLADO EN CASTRELO GRAZAS A COLABORACIÓN DOS VECIÑOS

O BNG de Cambados ven de denunciar no día de hoxe, grazas a colaboracións veciños un vertedoiro incontralad. Varios
  veciños/as da  Parroquia de Castrelo veñen de poñerse en contacto co grupo municipal do BNG para trasladarlle a seguinte preocupación: 
En terreos da súa parroquia que forman parte do Espazo Natural Protexido “Umia- O Grove”,  no camiño de baixada “As Concheiras”, entre o Lugar de A Barca e As Quintáns, existe actualmente un vertedoiro de lixo que está sendo  utilizado, desde hai un tempo,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que, ademais, a experiencia demostra  que cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel, polo que SOLICITA: que sexa eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal e que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais. Solicitamos, igualmente, que se faga unha maior e mellor  promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público e tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do noso Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.


Ningún comentario: