28 de nov. de 2012

NOVO BLOG CAMBADÉS, A ESPECIALIDADE: RECURSOS HUMÁNS

DE QUE TRATA O BLOG
Adeptos RRHH é un blog que nace coa vocación expor as ideas do seu autor acerca dos RRHH, destacando a relación desta área coas novas tecnoloxías, especialmente as relacionadas coa Web 2.0. Como rezan as catro primeiras letras se focalizará esencialmente na Atracción, o Desenvolvemento e o Engagement das Persoas desde o
punto de vista da empresa. Con todo esta focalización, non deixará ao carón outros puntos de vista como o da persoa que quere cambiar de emprego ou esta en plena procura dun posto de traballo ou a de abarcar asuntos tan ligados á web 2.0 como o de xerar marca a través das redes sociais, xa sexa como empregado ou como empleador. 
Evidentemente este blog estará presente nas RRSS, buscando a través das mesmas o feedback do lector e as posibles suxestións ou dúbidas que se poidan resolver desde o mesmo. Buscarase a través de Twitter, Facebook e os comentarios do propio blog compartir, discutir, aprender o que poden achegar as actuais e as vindeiras tendencias no sector dos RRHH. 
QUEN O ESCRIBE? 
Xaquín Charlín Piñeiro, Cambados (1985) 
Licenciado en Pedagoxía (2010) e cun Máster en Recursos (2011) que quere desenvolver a súa vida profesional dentro dos Recursos Humanos. Podes consultar o seu  CV aquí. 
Na primeira entrada deste Blog, trata un dos aspectos que para o autor é máis importante na estrutura dunha empresa eficiente, e non é outro que a Cultura da Organización. Parece que moitos se esquecen da necesidade de ter unha Cultura Empresarial forte, que sexa o soporte e o paraugas de todas as accións levadas a cabo para a consecución dos seus obxectivos, as liñas mestras que dirixan o destino da mesma. Non é unha cuestión baladí, sexa cal for o tamaño de organización en cuestión, xa que a Cultura será as liñas sobre os que escribamos a historia da mesma. Desta forma, a visión, a misión e os valores serán fundamentais. 






Ningún comentario: