30 de nov. de 2012

NO PINAL DE MAZA O BNG FIXO UN TRABALLO INMELLORABEL

Segundo nos conta no seu blog, O BNG ven de presentar hoxe, no xulgado de Cambados, a denuncia contra as irregularidades cometidas, no “Pinal de Maza” por membros do
 PP co amparo e encubrimento do PP de Cambados e de Galiza. 
O BNG entende que a partir de agora debe ser o poder xudicial o que se encargue de dar sentencia a un caso no que, membros do PP, presuntamente   cometeron delitos contra os recursos naturais e do medio ambiente, contra a ordenación do territorio, contra a omisión de perseguir un delito, delito de prevaricación, de tráfico de influenzas, etc. 
Neste momento crítico, onde os cargos políticos necesitan gañar a confianza da sociedade cómpre, máis ca nunca, ter condutas exemplares e ser modelos sociais, criterios que xamais entenderon os representantes do PP. A alcaldía de Cambados é responsable directo da desfeita realizada no Pinal de Maza, por permitir e encubrir todas as irregularidades realizadas neste caso e, tamén, é responsable a Xunta de Galiza porque  non asumiu as súas competencias e amparar a ilegalidade de todo este proceso.
A vergoña de Cambados.
Hoxe o BNG, despois do seu traballo político e administrativo para denunciar e por remedio a situación creada polo PP no caso do Pinal de Maza, deixa que sexa a xustiza a que ditamine os posibles delitos cometidos e esixa as responsabilidade penais a os seus causantes.
PARA VER A DENUNCIA COMPLETA PREMA AQUI:
PARA VER AS FOTOS QUE ACOMPAÑAN A DENUNCIA PREME AQUI.
PARA VER UN VIDEO DA NOVA PREME AQUI
A NOVA EN EUROPA PRESS.
A NOVA EN FARO DE VIGO.
A NOVA  NA VOZ DE GALICIA

Grazas a www.cambados.tk polas fotos.

Ningún comentario: