As traballadoras de Alfageme suspenderon a concentración que tiñan previsto levar a cabo ante o Concello de Cambados ao non autorizala a Subdelegación do Goberno por non considerala urxente, segundo informou Rosa Abuín, portavoz
da CIG.
da CIG.
O subdelegado Antonio Coello non autorizou a protesta, que ía repetirse en cada concello da comarca do Salnés, alegando que se solicitou cun prazo de dez días.
![]() |
Todos estes engañaron as mulleres de Alfageme |
Mañá Abuín reunirase co avogado "para concretar a querela por prevaricación que imos presentar, de inmediato, contra o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera, por non mover un dedo para adxudicar a empresa" Alfagema, dixo.
As traballadoras de Alfageme asinaron co grupo Consorcio un acordo, o 28 de marzo de 2011, para manter os postos de traballo e a actividade industrial do grupo conserveira galego, "xa que logo o IGAPE mente ao dicir que a proposta do Consorcio non mantiña a relación laboral", afirmou a portavoz da CIG.
A BNG sempre estivo o lado das traballadores, acompañados no primeiro día que se concentraron como en tantas ocasións
Ningún comentario:
Publicar un comentario