Son tres os clubs cambadeses que se uniron (C. Juventud Cambados, XAV e Xuven) para reunir a uns 400 deportistas cuxas idades van desde a máis tenra infancia ata os adultos
dos equipos sénior para facer un albúm de cromos. Ademais, o Juventud de Cambados cumpre medio século de vida.
dos equipos sénior para facer un albúm de cromos. Ademais, o Juventud de Cambados cumpre medio século de vida.
Uníronse para buscar unha fórmula de financiamento diferente, apostando neste caso polos cromos como escaparate. As tres entidades comezaron cun proxecto conxunto que vai mobilizar a uns 500 nenos repartidos entre os diferentes equipos que teñen nas súas categorías inferiores.
Os cromos que se van a editar van ter unha "boa calidade" explica un dos seus promotores e vanse a comercializar en sobres de sete ou oito cromos a un euro. A principios do próximo ano a iniciativa vai estar na rúa e comercializaranse en lugares vinculados aos tres clubs participantes, como poden ser a cantina do Cambados ou o pavillón municipal do Pombal e os diferentes quioscos do municipio.
Os clubs levarán unha porcentaxe dos ingresos que xeren os cromos próximo ao 20%, mentres os álbums repartiranse de forma gratuíta entre os pequenos.
Os clubs levarán unha porcentaxe dos ingresos que xeren os cromos próximo ao 20%, mentres os álbums repartiranse de forma gratuíta entre os pequenos.
O álbum, que reúne aos tres equipos, tamén vai levar un pequena historia de cada institución co fin didáctico de dar a coñecer o vínculo que teñen coa vila do albariño. Ademais, a empresa que se fixo cargo do proxecto dálle a oportunidade ás entidades deportivas de introducir a publicidade que desexen nos librillos a cambio do abono de 100 euros.
Tanto o equipo de fútbol como o de voley xa comezaron coas sesións fotográficas e espérase que o Xuven se unha nos próximos días para que o álbum poida atoparse na rúa antes dos próximos Nadais. Neno Millán, directivo do Cambados e un dos promotores da iniciativa asegura que "levabamos dous anos barallando a posibilidade de sacar un coleccionable fotográfico, pero cremos necesaria a integración de máis clubs do municipio para que fose un proxecto interesante". De feito, hai aberta a posibilidade de que as entidades deportivas doutros municipios únanse para facer realidade un álbum de cromos.
![]() |
Cambados 1964 |
Os primeiros en lograr finalizar o coleccionable fotográfico recibirá unha camiseta vinculada á súa especialidade. En caso de ser baloncesto, sería unha camiseta do Obradoiro e en caso de ser fútbol, unha do Celta ou do Deportivo da Coruña.
Por outra banda, o próximo ano, un dos clubs participantes, o Juventud Cambados de fútbol, cumpre medio século de vida, 50 anos nos que sufriu altos e baixos importantes, pero que sempre contou co respaldo da maior parte de veciños do municipio. Celebrar esta efemérides é algo no que está traballando a directiva do club, aínda que aínda quedan moitas cuestións por perfilar.
O propio Neno Millán é un dos directivos que se implicou máis nesta iniciativa, e aínda que recoñece que aínda quedan moitas cousas por definir mantén que "case con total seguridade vaise a celebrar unha cea de confraternización na que esperamos contar cos persoais que formaron parte do Cambados na 2ª División B, a cota máis alta da súa historia". Os amarelos militaron nesa división durante tres tempadas.
Outra das iniciativas que se ten en mente é a elaboración dunha exposición no salón José Peña de Cambados, na que se van a mostrar fotografías antigas do club, e sobre todo, a maior parte das fichas de xogadores destacados que pasaron por esta histórica entidade, como pode ser o caso de Dani Abalo, o actual xogador do Real Club Celta de Vigo.
![]() |
O mellor Cambados da historia 1974 |
Podes cansarte de mirar fotos do Cambados, dende principios de seculo pasado hasta que Richar deixo de ser presidente, premendo AQUI
Esta prohibida terminantemente a reprodución sen autorización do propietario do albúm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario