16 de nov. de 2012

LUNS LEMBRAMOS TODOS O PRESTIGE NO I.E.S. ASOREY

Os organizadores do acto "O prestige na Memoria", xa nos mandaron mais polo miudo en que vai consistir o acto do vindeiro e a verdade que a cousa promete. O acto como xa sabedes e reza no cartel anunciador que está neste blog,
comezará as 20 horas e poderemos ver un documental do I.E.S. Asorey titulado "O Prestige “Unha Historia Negra”", realizado no centro hai dez anos.
Tamén poderemos gozar dunha selección de imaxes realizadas polos prestixiosos fotógrafos da prensa comarcal e outros colaboradores da talla de Martina Miser, Víctor Mejuto, José Luiz Oubiña, Iñaki abella
, Mónica Vila e Carlos Puga.
Podesteriormente seremos testemuñs das intevencións de profesorado do Centro, Colectivo Ecoloxista e do sector do mar
-Víctor Caamaño Rivas: profesor e Xefe do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do Instituto Francisco Asorey.
-Marta Lois Silva, bióloga, presidenta do Colectivo Ecoloxista do Salnés
-Nito Dios, bateeiro de Illa de Arousa, Membro da Plataforma de Defensa da Ría de Arousa
-Lectura de poemas por parte do alumnado do centro
ORGANIZAN: Departamentos de Ciencias do I.E.S. Francisco Asorey.
COLABORAN: Asociación de Ensinantes do Salnés (CANDEA), Colectivo Ecoloxista do Salnés, Fotógrafos da prensa da comarca


Ningún comentario: