15 de nov. de 2012

USO ABUSIVO DE HORAS EXTRAS NO CONCELLO DE CAMBADOS, O BNG, DENUNCIA ESTE EXTREMO.

O LIMITE LEGAL ANUAL SON 80 HORAS,  ALGUNS EMPREGADOS CHEGARON  A FACER O ANO PASADO PRETO DE 600 E OUTROS NINGUNHA
Algúns empregados mucipais viñanse queixando veladamente os concelleiros do BNG que sobre todo un par de empregados estában a facer horas extras a esgalla mentres outros non vian un peso por outra banda   outros lle decian que neste Concello, hai moitos previlexios para algúns  e moita caña para outros. 
O BNG non quixo esperar mais  e hoxe mesmo presentouse por rexistro de entrada unha serie de preguntas que  publica hoxe no seu blog a referida formación,  o escrito  que empeza dicindo que tendo en conta a normativa legal  e vistas as resolucións da alcaldía no ano 2011 obsérvase un uso abusivo de horas extras por diverso persoal do concello, polo que solicitan a seguinte documentación: 
1º.- Que se expida certificación do Secretario do Concello no que conste cal é a normativa concreta pola que se rexe este concello á hora do conceder horas extraordinarias ao persoal adscrito a este concello.
2º.- Que se remita, por quen corresponda, certificación na que consten as horas extraordinarias realizadas polo persoal do concello de Cambados durante o ano 2012 (ata o actual mes),  e na que se faga constar o nome da persoa, o mes e as cantidades recibidas.
3º.- Que, asemade, por quen corresponda se emita certificación na que consten os incentivos de produtividade recibidos polo persoal do concello de Cambados, durante o ano 2012 (ata o actual mes) e no que se faga constar nome da persoa, mes e cantidade recibida.
4º.- Indíquese por que determinado persoal e en que concepto recibe cantidades por incentivo de produtividade, que segundo  as resolucións da alcaldía  son principalmente  de vixilancia nocturna, sen ser policías locais.
5º.- Indíquese se hai algunha clase ou sistema de fichaxe ou de rexistro de persoal para entrada e saída, horario traballado, horas extraordinarias realizadas.
6º.- Indíquese, en  caso positivo, se  esa fichaxe ou rexistro de persoal comprende a todo o persoal e, no seu caso, quen está exento da mesma, aportando relación tanto do persoal que ten obriga de facelo como os que non.
7º.- Que se informe por escrito cal é o horario do persoal do concello nas súas diversas estancias, concello, edificio Rúa Ourense, Edificio Multiusos da Merced, Museos etc.  
Aragunde fai maxia con algúns empregados do
concello.
Xa no debate dos orzamento Victor Caamaño denunciara textualmente, e así está publicado no seu blog, o seguinte:  En novembro o Secretario da Alcaldía (que xa todos sabedes quen é)   suma 534´5-novembro- (584 pasado ano) horas extras (é un cargo político do gabinete do alcalde; o horario será o do alcalde, que tampouco, loxicamente, cobra horas extraordinarias; que se lle poña o soldo que se considere axeitado –apróbao o PP- pero que deixe de cobrar dous soldos en forma de horas extras, que os veciños e veciñas saiban realmente cantos cartos lles costa  alcaldía do PP).Tamén unha  auxiliar administrativa ten realizadas 410 –novembro- (476 pasado ano)  horas extras. Xa no mes de maio  avisa intervención que a partida correspondente presenta  un déficit de -1.219 € ( como é posible se tódolos anos se incumpre?)
 Dous traballadores están cobrando dous soldos cada un (haberá que negociar horas de traballo por horas de descanso). Queda claro que nun concello de 138 traballadores (+ conservatorio), onde uns pouquiños traballadores  fan as horas extraordinarias, quere dicir que a plantilla está mal dimensionada e o traballo mal planificado. O concello tampouco vai tomar ningunha medida para tratar de solucionar esta repetida irregularidade?
A Lexislación vixente di que “ o número de horas extraordinarias non poderá ser superior ás 80 horas anuais (Artg. 35 do Estatuto dos Traballadores e o Convenio Colectivo)”. 



Ningún comentario: