11 de nov. de 2012

O BNG DE CAMBADOS UNICO GRUPO POLITICO QUE PIDE A REVERSIÓN DA PROPIEDADE DA CASA DA ZALZADA

 O BNG de Cambados ven de comunicarnos no seu blog que ven de solicitar por rexistro de entrada no concello de Cambados un escrito  no que nos ven a dicir  que considerando que a Xunta do PP decidiu, hai case un ano,
disolver as Fundacións Comarcais e que a correspondente á comarca do Salnés ten a súa sede en Cambados, concretamente no edificio de Exposalnés; edificio adquirido inicialmente polo concello de Cambados e que, así mesmo, este local nos últimos tempos non só está  infrautilizado e baleiro de contido  senón que, ademais, comeza a mostrar un estado de abandono e degradación preocupante (do cal ata se fan eco os medios de comunicación),  que de seguir este camiño rematará nun estado ruinoso que ninguén desexa. 
E como os diferentes locais cos que conta este inmoble posúen unhas condicións moi axeitadas que permitirían  asignarlle moi diferentes usos e finalidades de interese para o noso concello, e polo que o BNG pidelle encarecidamente   o goberno municipal de Cambados que  reclame á Xunta de Galiza a reversión da titularidade de Exposalnés para o noso concello.
Fai uns dias este mesmo blog e toda prensa de Arousa publicaban o lamentable estado no que se atopa o local polo abando da Xunta de Galicia en mans dos ineptos do Partido Popular.









Ningún comentario: