10 de nov. de 2012

FESTA-CONCERTO 10º ANIVERSARIO "PRESTIGE"

Pontevedra, 17 de novembro de 2012
    O sábado, 17 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no Recinto Feiral de Pontevedra unha Festa-Concerto organizada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra en
colaboración coa Plataforma Nunca Máis, en lembranza do 10º Aniversario da catástrofe do "Prestige" e na reivindicación de medidas para evitar desastres deste tipo na nosa costa.
    Nesta festa-concerto, entre outras actividades, contarase coa participación de "Os tres trebóns", "Ruxe-Ruxe", Sés, e os regueifeiros "Trioliro". Haberá postos de polbo, empanada, viño, cervexa, etc.
    A entrada ao recinto ten un custe de 7 euros. Animádevos!!!!!!!!!!!!

Ningún comentario: