10 de nov. de 2012

VICTOR CAAMAÑO ACONSELLA OS CAMBADESES QUE VAIAN A FOLGA DO 14N

O Blog  dos nacionalistas cambadeses titula hoxe "O BNG DE CAMBADOS COA FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO".  Contanos que o portavoz do BNG de Cambados, Victor Caamaño, aproveitou a mañán do sábado para percorrer as rúas da vila e repartir información en apoio da Folga Xeral
convocada para o día 14.
O BNG anima á poboación a secundar a folga, a rebelarse para facer frente á política de recortes e afogamento que continúa a facer o PP. 
O BNG cree necesario apoiar aos milleiros de persoas que no noso país están a sufrir grandes dificultades como consecuencia das sucesivas reformas laborais que levaron a moitas persoas ao paro,  recortaron os salarios, co que están ocasionando unha caída xeral do consumo, afogando tamén ao comercio. Unhas políticas que conducen tamén aos recortes das liberdades públicas, a precarización das condicións laborais e só favorecen á banca.
Desde o BNG facemos un chamamento á mobilización como única vía para termos un “futuro esperanzador”.


Ningún comentario: