8 de nov. de 2012

O IES RAMÓN CABANILLAS SEN AMPA.- ELECCIÓNS O CONSELLO ESCOLAR.

O I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados é un dos poucos centros que se atopa sen AMPA, a anterior rematou o seu mandato o ano pasado e non quixeron renovar despois dos
problemas que houbo coa famosa excursión a Salou e o escaso apoio obtido polos pais dos alumnos. 
Este curso empezouse sen AMPA e polo camiño que levamos parece que imos estar sen ela todo o ano. Evidentemente aquí non cabe mais que botarlle as culpas os pais, entre os que me inclúo, pero non imos estar sempre os mesmos e cuestión de relevarse, e xa estiven  na Ampa deste centro e  agora estou no Consello Escolar por elección dos pais.
Ao longo do mes de novembro este centro vai desenvolver o procede de elección de membros do Consello Escolar. O proceso está organizado pola Xunta Electoral que foi constituída o día 5 de novembro. As eleccións celebraranse o día 26 deste mes e o calendario podédelo ver o remate desta nova. O Consello Escolar permite a participación dos diferentes estamentos nas decisións que afectan aos aspectos mais relevantes do centro como son: planificación de actividades anuais, elección de dirección, admisión do alumnado, medidas para facilitar a convivencia e todos aqueles aspectos que contribúan a  unha mellor calidade educativa.
Alumnado, nais e pais, persoal de administración e servizos e profesorado participan neste órgano de Goberno e, polo tanto, é de suma importancia a súa participación neste proceso electoral. Por todo isto é moi importante a  participación, presentando candidaturas  (na secretaria do centro) e votando na data sinalada, porque estou convencido de que a calidade educativa solo se potencia se todos participamos na xestión dos centros.

CALENDARIO DAS ELECCIÓN Ó CONSELLO ESCOLAR


BAIXA AQUI O TEU IMPRESO DE CANDIDATURA




Ningún comentario: