8 de nov. de 2012

POLO FORRO DOS COLLÓNS PASA A LEI LOUZÁN (PERDONADE A EXPRESIÓN)

Xo anunciabamos neste blog o día 22/12/11 , vai facer un ano, que Tracsa seria a que se adxudicaria a explotación da canceira provincial, e non habia que ser moi listos coñecendo como actua o ínclito Sr. Louzán e
publicabamos o seguinte comentario da Protectora de Cambados ““”Bo o que sospeitabamos, esta dito... as dúas empresas que xestionan as canceiras da Coruña son as que inicialmente xestionarán a da provincia de Pontevedra... os políticos eses a quen votamos e nos pediron os seus votos decidiron ter un centro de exterminio, fronte a un que traballe e garanta os dereitos dos animais...e aínda por enribaroubar o proxecto que no seu día presento Olga Costa. Hoxe leva a pobre Olga toda a mañá de teléfono e para nada... non conseguiu nada. Bo sabemos que Tragsa mantivo unha reunión con Louzan e lle fixo ver o seu punto de vista(O económico) nós contra iso non podemos facer máis... e a lotaría non nos tocou...”””
Touris cómplece desta patochada
O desanimo cundia xa nas filas do Refuxio e por ende de todos os Cambadeses con este ultimo comentario tamén do propio Refuxio polas mesmas datas:
“”Refuxio Animais Cambados: agora mesmo as cousas están moi feas... as dúas empresas que xestionan as canceiras da Coruña son as interesadas en coller a da provincia de Pontevedra e uhna delas xa tivo a reunión con Louzan.”” Isto publicabase a finais do 2011
Hoxe coñeceuse oficialmente a novaTragsa, unha empresa a fin o PP,  xestionará o floco provincial de xeito provisional durante 2013 
Olga Costa non se rinde.
A posibilidade de que Tragsa encargásese do servizo provincial de recollida de animais abandonados leva encima da mesa desde principios de ano, tal e como dixo o presidente da Mancomunidade do Ulla-Umia, Roberto Vázquez, nunha sesión de febreiro. Con todo, o impulsor da iniciativa, a Deputación de Pontevedra, sempre insistiu en que se convocaría un concurso público de adxudicación, aberto a empresas e protectoras, para que empezase a funcionar en 2013. Pero a estas alturas do ano non había nin prego de condicións para sacalo a licitación e onte o seu presidente, Rafael Louzán, informaba que negociarán con esta empresa pública para que se faga cargo da xestión de xeito provisional. Segundo el, chegouse a esta decisión por petición dalgúns alcaldes de “poñelo en marcha de maneira urxente aínda que sexa de maneira experimental”, pasando así Louzán a lei polo forro dos “collóns” que os ten como o cabalo de Espartero, e perdoade a expresión.
Louzán debia estar pechado coma
un can para saber o que se sinte.
O dictador  provincial fixo o anuncio nunha reunión con alcaldes e técnicos dos 42 concellos adheridos ao servizo. Explicou que consultarán a Tragsa se lle interesa a súa proposta, é dicir, pagarlle 50 céntimos de euro por habitante servido ao ano, dos cales, 30 achegaranos os concellos e o resto, a Deputación, pagándolle uns 165.000 euros anuais. Con todo, a firma xa estaría preparándose para empezar a traballar.
O mandamais de Ribadumia non concretou se posteriormente a xestión sacarase a concurso como viña anunciando ata agora e como lle replicou á plataforma “Non á masacre de cans en Pontevedra” indicándolle que non ía ceder a presións de ninguén. E é que esta entidade vénlle reprochando a súa intención de entregala a unha empresa privada en lugar da unha asociación animalista, ademais de considerar que o convenio de adhesión cos concellos non cumpre a lei. De feito, para o seu asesor legal, Carlos Alonso, a ausencia de concurso dálles a razón e advertiu que estudarán todas as accións para garantir os dereitos dos animais.
A min isto pareceme unha puñalada trapeira a labor que viña facendo Olga Costa e todo o seu equipo. Non entende como se pode ter tan desprezo pola lei como ten Louzán e que a xente o siga a votar.
Eu teño fe cega no letrado cambadés Carlos Alonso, avogado do Refuxio,  e sei que vai loitar nos Tribunais a prol do Refuxio e das Protectoras ate derradeira gota do seu sangue. Todo non está perdido, hai que seguir loitando.

Ningún comentario: