23 de dec. de 2012

A GARDA CIVIL DE CAMBADOS LEVASE O V TORNEO DE FUTBOL ORGANIZADO POLA POLICIA LOCAL DA NOSA VILA.

O xoves pasado tivo lugar no Pombal, a celebración do V Torneo de Futbol organizado pola Policia Local de Cambados, no que participaron a propia Policia Local, a Garda Civil, Protección Civil de Xulgados, todos de Cambados. Na primeira semifinal a Policia Local impuxose claramente os Xulgados por un rotundo 4-1. Na seguinte semifinal a Garda
Civil non tivo problemas ningúns para impoñerse fácilmente a Protección Civil. Para o terceiro e cuarto os xulgados desfixeronse con moita facilidade de Protección Civil, e xa na gran final a Garda Civil impuxose claramente a Policia Local, levandose merecidamente o trofeo. Logo no centro multiusos de Cambados, os participagante deron boa conta dun suculento pincho dado polos organizadores, o cal desgrazadamente non poidemos asistir algúns dos participantes por ter que acudir o Pleno Municipal. Podes ver mais fotos na columna da dereita.


Ningún comentario: