23 de dec. de 2012

LUIS ARAGUNDE ASINA UNHA CONVOCATORIA A UN PLENO CON PRETO DE 30 FALTAS DE ORTOGRAFIA

FATIMA ABAL DEULLE TODA UNHA CURA DE HUMILDADE A LUIS NO PLENO DO XOVES.
Ao comezo da sesión, a voceira do PSdeG-PSOE, Fátima Abal, pediu a palabra. “En memoria de Rafa Blanco” [o anteiror portavoz do PSOE, finado hai tres meses] quixo dirixirse ao
alcalde, a quen lle lembrou dun xeito bastante efectivo a falla de educación que amosara Luís Aragunde no último pleno ao que acudira Rafael Blanco. Naquela ocasión, cun portavoz do PSOE visiblemente afectado fisicamente, canso, o alcalde espetáralle ante todos os presentes a cantidade de “faltas de ortografía” que segundo el contiña un escrito asinado polo portavoz socialista. Fátima Abal xa recoñecera na entrevista a Cambados(tk) de hai un par de semanas que aquelo non lle sentara nada ben ao propio Rafael Blanco nin aos seus compañeiros de filas. Unha “humillación innecesaria”, así o calificou na entrevista. Daquela, en CTK calificáran  o xesto de Aragunde como “unha terrible falla de educación”. Tamén se calificou así neste blog.
No pleno do xoves, Fátima Abal fíxolle ver a Luís Aragunde que o escrito da convocatoria do pleno que el asinara, contiña “en doce frases 29 faltas de ortografía” . Acusouno de non ver a viga no seu ollo cando si vira a palla no ollo alleo, naquela ocasión no dun compañeiro cunha enfermidade con resultado de morte. O alcalde quixo zanxar axiña a polémica e o pleno deu comezo. Podes escoitalo audio que encabeza a entrada. No que tedes a continuación podedes escoitar a intervención de Aragunde que desencadeou esta pequena polémica.


INTERVENCIÓN DE FATIMA



ESCRITO CON PRETO DE 30 FALTAS DE ORTOGRAFIA:


NOVA RECOLLIDA INTEGRAMANDA DE www.cambados.tk


Ningún comentario: