27 de dec. de 2012

ANUNCIAN OUTRA QUERELA CONTRA BENITO PELEA.

ESTA VEZ É DO PATRÓN MAIOR DA POBRA
Está claro que vai ser un “chollo” ser o avogado da Confraría de Cambados, pois vai ter mais traballo que ninguén. A
querela xa presentada de Agamar e outras pendentes de presentar polo mariscadores de Cambados, agora vense a sumar outra anunciada polo patrón maior da Pobra Manuel Maneiro, ademais da denuncia presentada polos empregados da Lonza e contradenuncia que se preeve contra estes por parte dos Rañeiros.
Maneiro na pescaderia de que Benito di que non existe.
Benito como aquel animal ferido de morte, quere morrer matando e acusou o patrón maior da Pobra de quedarse con 150.000 euros duns subvención da xunta na derradeira rolda de prensa que fixo. “Manda carallo”, nunca oíches o refrán ese “Pensa o ladrón que todos son da súa condición”, aquí ven o pelo. Evidentemente Miguel Maneiro xa anuncia unha querela por difamación contra Benito Pelea o mesmo tempo que se fotografou na peixeria que Benito di que non existe e precisou que se aínda non está en funcionamento é porque existe un litixio co arquitecto. 
Lembremos que Benito está a facer un especialista nos xulgados pois xa presentou unha querela contra os Rañeiros  que segundo o el o acusaban de poñer un motor de segunda man no barco Tragove e logo presentou outra querela con Manuel Costa, que retirou o ser esta de “efecto boomerang”, viña contra él.. Miguel Maneiro dixo textualmente que xa puxo o asunto nas mans do seu asesor xurídico para instar a denuncia por suposta difamación e “darlle un escarmento” a Benito Pelea. E de paso Manuel Maneiro mandoulle dous recadiños a Benito,   por unha banda que se preocupe pola falta de democracia nas confrarías porque, sinalou, aínda non se convocou o decreto que regula as eleccións.
E doutra bando tamén o instou a interesarse pola caída de prezos do marisco e pola mortandade do berberecho, que afecta a toda a zona da ría arousá. Maneiro considera que as súas afirmacións son unha burla aos afiliados da entidade pobrense.








Ningún comentario: