27 de dec. de 2012

O COLMO DA DESVERGOÑA: EN VEZ DE RECIBIR O ALCALDE RECIBE O XEFE DA OPOSICIÓN.

Está claro que os do PP teñen “un morro que se o pisan”, especialmente o noso “querido amigo” Tourís,  “Señor del Pinal de Maza”, “Conde de Oubiña” e “Marqués en Pontevedra”. Este elemento que vive exclusivamente da política, non se lle coñece oficio, nin beneficio  nin profesión, ate exerce mal o seu traballo,  e a onde chega o colmo da desvergoña dos gobernantes do Partido Popular, si tiveron vergoña algunha
vez, que en vez de recibir o Alcalde da Illa, recibe o xefe da oposición, obviamente e do PP coma él. Claro o Alcalde é do PSOE  e como din eles “nos a oposición nin auga”. 
O Concello da Illa xa presentou varias propostas  para a ampliación do Colexio illeiro CEIP Torre, pero o que dicimos sempre para educación non hai un peso, para Pousadas DEZ MILLÓN DE EUROS. 
Vos vos imaxinades por un momento que Tourís en vez de recibir a Luís Aragunde, recibirá a Victor Caamaño. Verdade que seria impensable?, pois isto é que ocorreu neste caso. Tourís hai que recibir a quen  ten a responsabilidade de gobernar e  non a que está na oposición, a ver si te das conta.

Ningún comentario: