5 de dec. de 2012

CAMBADOS BATE RECORDS…EN NÚMERO DE PARADOS

No programa electoral do Partido Popular e polo tanto de Luis Aragunde no apartado de propostas decianos o mentireiro do noso Alcalde que ia a facer unha ampliación do Poligono Industrail con espazos industriais para mozos emprendedores (cada vez pechan mais industrias e sobra chan no poligono),
obradoiros e novos plans de emprego (nada de nada), apoiar a instalación de novas empresas (nada de nada), impulsar as campañas do pequeno comercio (cada vez pechan mais,  é un escándalo), colaboración con Cambados Zona Centro ( eso sí moita colaboración,  pero resultados ningún), cración de novas prazas de aparcamento (fomento dos gorrillas) e feiras sectoriais do comercio no Salón de Peña (polo de agora non fixo ningunha).  
Isto era todo o que nos prometia o noso alcalde no seu programa de goberno, a plicación desta medidas derón o seguinte resultado:
Cambados ocupa en novembro o cuarto posto non Salnés no ranking de aumento de paro, con 72 demandantes máis de emprego, e xa suman 1.639 persoas, todo un record. Como no resto dos concellos é servizos o que contabiliza a maior demanda con 866 desempregados, seguido da construción con 338; e a industria con 252. Hai 96 persoas que buscan o seu primeiro emprego e 87 que están apuntadas na área de agricultura e pesca. 
Realmente a estas alturas que siga creendo no palabra de Aragunde é un verdadeiro iluso, por estar no paro ata están apoderados e interventores do PP, no concello non hai traballo para todos, incluso si vas a pegar carteis. 
Pero estes dias vanse sumar a este longa lista de parados tres traballadores do Parador e a que non sabedes con que xoia non agasalla o noso alcalde o enterarse da nova: "Dentro do malo, porque hai tres persoas que van quedar sen traballo, en Cambados estamos relativamente contentos", pero lacazán se estamos a falar do  parador con mais volumen de traballo de Galicia, tes que espabilar, non se deberian perder tres postos de traballo no parador, deberianse gañar. 
Non me parece ben ,  e así o reflictia  o mesmo diario,  que o presidente de Cambados Zona Centro,  Marcos González compartia esta opinión, en troques de criticar a politica impresentable do PP en materia laboral que nos está levando a ruina total do noso pais, gustariame ver a Marcos criticar a medida de sacarlle a paga extra os funcionarios, que vai influir directamente nas economias dos comercios de Cambados,  que el rerpesenta.  Pero ala cada ún coa súa conciencia.

Ningún comentario: