5 de dec. de 2012

EU SE FORA PAI DUN ALUMNO DO MAGARIÑOS, ESTARIA MOI PREOCUPADO

NO ASUNTO DO MAGARIÑOS,   COMPITEN POR QUEN É O MAIS INCOMPETENTE O ALCALDE ARAGUNDE, O EXDELEGADO TOURIS E  O CONSELLEIRO VAZQUEZ.
Hoxe o BNG titula no seu blog “Concello e Xunta, culpables por igual, incompetentes por igual”. O BNG leva moitos anos criticando  ao PP porque a partida orzamentaria que destina para o mantemento e conservación dos centros educativos Cambadeses resulta ridícula por insuficiente. No ano 2007 esta partida era de 40.000 € e non chegaba para nada. No 2011 a partida cae aos 28.000 €, momento en que, ademais,  aumenta o número de centros educativos no que respecta ao seu mantemento (hai que incorporar ao Conservatorio e a ampliación de gardería). 
La "m" con la "a": "MA". La "m" con la "o" con la "n"
con la "s" "MONS".
O CONCELLO DE CAMBADOS TEN ABANDONADO O  MAGARIÑOS, A VISTA ESTÁ O SEU DETERIORO
Ante esta situación os centros de ensino máis antigos de Cambados (por exemplo o Colexio Antonio Magariños) chegan a un estado de deterioro no que a posible actuación do concello no seu mantemento xa non permite conservalos nun estado aceptable. Ademais, en todos eses anos, o concello non move un dedo diante das Administracións (da súa cor, por certo) para que se impliquen non arranxo das graves deficiencias dalgúns colexios cambadeses. Son sempre as iniciativas de pais e nais e profesorado as que, despois de moito insistir, acaban por conseguir os arranxos imprescindibles para seguir adiante cunha mínima normalidade. A falta de colaboración e obstrución do concello resulta evidente, incluso, pola súa negativa á creación do Consello Escolar Municipal que sería o órgano máis idóneo para evitar este tipo de situacións. Semella que un órgano democrático como este, representado polas diferentes sensibilidades sociais no eido educativo, non cabe nas estruturas organizativas do PP.
¡¡¡A beber!!!
O CONSELLEIRO VÁZQUEZ VEN O ALBARIÑO SÓ  A BEBER E A PASALO BEN
E a Xunta tampouco se salva neste asunto. Ven, como todos os anos á Festa do Albariño, co conselleiro de turno a prometer (saneamento das rías, centro de día, etc). Este ano tocoulle ao colexio Magariños; pero prometeron, como sempre,  máis do que deron; preocupándose máis pola propaganda ca polas necesidades da xente. Agardemos que agora cumpran o prometido porque é  imprescindible para que alumnado e profesorado do Colexio Magariños poidan recibir e dar as súas clases con normalidade. Agora teñen que responder ante a cidadanía, e con esa intención, o grupo municipal do BNG de Cambados presentou o seguinte escrito no concello de Cambados, que podes ver premendo AQUI.
EU SE FORA PAI DUN ALUMNO DO MAGARIÑOS ESTARIA MOI PREOCUPADO
Os pais do Magariños expón pechar a pista cuberta tamén nos recreos 
A presidenta da ANPA, Isabel Martínez, sostén que "se hai perigo para impartir Educación Física para 25 alumnos, tamén o haberá cando hai 150 nenos xogando" 
A asociación de pais de alumnos do Antonio Magariños celebrou unha reunión a finais da pasada semana. A presidenta da ANPA, Isabel Martínez, sostén que "os pais están molestos" e que queren abordar o asunto no próximo consello escolar do colexio cambadés. 
Así, un das formulacións que saíron a relucir na reunión da ANPA foi o de prohibir o acceso á pista tamén durante os recreos. "Se hai perigo para impartir Educación Física para 25 alumnos, tamén o haberá cando hai 150 nenos xogando", manifesta Isabel Martínez resumindo o sentir de numerosos proxenitores. 
ROSAL FIEL A DIRECTORA DO CENTRO, TEN UNHA PACIENCIA INFINITA
Pero os pais expuxeron na súa reunión outras ideas. "Gustaríanos falar co alcalde para que tamén el faga unhas xestións na Xunta", aduce Isabel Martínez. Neste sentido, gustaríalles manter un encontro co propio conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para pedirlle "que nos resolva este problema canto antes".  Perdelo tempo querida Isabel, o noso alcalde tamén é coñecido entre outros apelativos por “Sisi”, pero facer  non fai nada, non pega un pau a auga, agás cobrar a fin de mes de todos os cambadeses. Esta ineficacia do noso alcalde xa probaron os profesores do Magariños encabezados pola súa Directora Rosa Fiel, muller de infinda paciencia é unha profesional dos pes a cabeza, que non perde nin un intre os nervos ante a desastrosa, caotica e inoperante actuación do Alcalde de Cambados e os seus acólitos.
O BNG NON COBRARÁ O CONCELLOS DEREITOS DE AUTOR POLO PLAN DE RECONVERSIÓN DO MAGARIÑOS.
O BNG foi o primeiro en poñer sobre a mesa un plan ambiocios que contaba coas antiguas casas dos mestres. Os pais recordan que algúns profesores profesores xa manifestaron a súa disposición a ceder as vivendas que teñen asignadas dentro do recinto "co que quedaría aí sitio suficiente para facer un pavillón e o que faga falta", engade Isabel Martínez. Segundo a presidenta da ANPA hai no recinto unha ducia de casas, e só algúns docentes utilízanas esporadicamente, polo que a súa derriba non carrexaría un especial problema para a administración. "Ademais o alcalde dixo que se é necesario o concello podería ocuparse do acondicionamento da parcela unha vez tiradas as casas, de modo que gañariamos moito espazo para o patio", A idea de derrubar as casas dos mestres para construír aí o pavillón de deportes xa a puxo tamén no seu día sobre a mesa o BNG de Cambados. 
A todo isto nin no concello se enteran de nada nin na conselleria de Educación,  hoxe sin ir mais lonxe din o unisono  nun peridico arousán negan que haixa "problemas de seguridade" na pista do Magariños, que llo pregunten os alumnos, os mestres e os pais. 

Ningún comentario: