11 de dec. de 2012

CESE FULMINANTE DE EUGENIO GIRALDEZ

Radio Pontevedra prescinde do xornalista Eugenio Giráldez
A VOZ DESTE PROFESIONAL LEVABA UNIDA A ESTA EMISORA 31 ANOS
O xornalista Eugenio Giráldez deixou de pertencer dende o mércores ao persoal de Radio Pontevedra. A dirección desta emisora comunicoulle o despedimento na noite do pasado martes ao que durante os últimos 31 anos foi a súa gran estrela dos servizos informativos.
O director da empresa, Jorge Hermida, anuncioulle que a causa do despedimento eran razóns económicas.
Eugenio Giráldez, de 55 anos, incorporouse a esta emisora da Cadea Ser en 1981. Foi redactor xefe de informativos desde entón. Ao tres anos Radio Pontevedra logrou o Premio Ondas 1986 aos seus servizos informativos, dirixidos por este xornalista radiofónico cuxa voz vai unida á emisora ao longo do últimas tres décadas.
Giráldez foi tamén xefe de informativos de Localia Televisión, creada por esta mesma empresa hai unha década. O 28 de febreiro deste ano deixou de emitir e o seu peche levou o despedimento de sete traballadores entre técnicos e xornalistas.
A informativo "Hora 14" do pasado martes foi o último dirixido por Giráldez que xa non se puido despedir da súa fiel audiencia, non en balde era a emisora da comarca máis escoitada, a moita diferenza do resto, chegando nalgunhas ondas do Estudo Xeral de Medios a superar os 200.000 oíntes día.
Eugenio participou na presentación
do calendario benefico "Tende
Unha Man" como presentador.
O posto de redactor xefe de informativos será asumido a partir de agora por Mateo Benavides, de 59 anos, que durante o últimas tres décadas vén desenvolvendo o seu labor na emisora da man do propio Eugenio Giráldez.
A dirección de Radio Pontevedra non quixo facer declaracións sobre a marcha de Eugenio Giráldez, unha noticia que tivo unha gran repercusión entre os pontevedreses a quen se lles fai difícil crer que a voz deste profesional deixará de informarlles dos acontecementos da cidade.
Na programación que a emisora ofreceu ao longo do día de onte non se fixo referencia algunha aos cambios nos servizos informativos.
Eugenio é o primeiro pola esquerda. (Foto Apariz).
O propio afectado tamén rexeitou realizar manifestacións á espera de chegar a un acordo coa dirección da empresa.
Giraldez era un periodista controvertido, admirado por uns repudiado por outros, uns dician que era propp, outros propsoe pero nunca se oiu dicir que era probng, pero oido por todos,  dende logo os nacionalistan non lle caian nada ben, sempre foi un tio que lle deu “moita caña” o BNG e sobre todo o Alcalde Lores dende que se soubo que Lores non ia poñer un peso para o campo de golf que estaban a construir en Castrove, entre os partidarios do campo de golf estaba Eugenio Giraldez, de feito participou no calendario que Rubi , Perto e  Alex organizaron para Esperanza Salnés de Cambados “Tende unha man”, obra do fotografo Eduardo Apariz, tanto no calendario (foto dos golfistas) como na presentación do evento en Decembro do 2007.



Ningún comentario: