11 de dec. de 2012

GASTROGALICIA ORGANIZA UN XANTAR DE NADAL

Desde Gastrogalicia queren invitarvos a todos a asistir á "Comida de Nadal", na cal querian facer unha pequena xuntanza de amigos e dar a coñecer algúns dos seus produtos. 
O evento terá lugar o 29 de decembro no Sineiro, 32, Vilariño, á beira do bar Ye-Ye, e a hora fixada son as 14.30. 
O menú albergará certos produtos que ofrecen na sua páxina, todos eles galegos e de gran calidade. Constará dalgúns entrantes, como queixo (San Simón, Arzua Ulloa, Pau Santo) embutidos e orella,  sendo o cocido o prato principal. Para acompañar a comida haberá viño branco e tinto, así como algúns licores (Cantodabarca) , rones (Platú) e xenebras (Entropia). Para finalizar, sobremesas caseiras. Podedes consultar a páxina www.gastro-galicia.compara   maior información acerca dos mesmos. 
O prezo é de 20 euros por persoa. A aqueles que finalmente vaian asistir rógaselles que llo notifiquen canto antes, podendo traer parella ou outros invitados, comunicándoo previamente. 
O prazo para anotarse  finalizará o domingo 16 de decembro. Para formalizar o pago, podedes contactar con eles chamando ao 627932336 (teléfono de contacto de Jhon), ou ben deixando o diñeiro no Escuma . 

Ningún comentario: