2 de dec. de 2012

DUAS MOZAS CAMBADESAS CREAN A SUA TENDA DE ROUPA “ON LINE” CON MODELOS EXCLUSIVOS.-

 MISEMS É O SEU NOME
A verdade é que non sabian  como empezar na rede, nin que escribir pero o que se sabian é que o fan  con convencemento e crendo no seu proxecto. Poderian empezar de moitas formas
pero o mellor xeito é explicándoo a modo de conto e así volo fan: . 
“Había un vez dúas compañeiras de traballo que nos seus “recreos” comentaban e si…, a min gustaríame que…, e que che parece…, ata que un día decidímonos “imos intentalo”. E xa non houbo volta atrás. As follas do conto íanse escribindo e aos poucos esas vagas ideas tomaban forma, cando chegou o punto álxido do conto xa estabamos ao choio. houbo momentos de moita euforia e momentos off, pero imos conseguilo porque cremos en nos unímonos cun fin, unha gran ilusión polo noso proxecto” 
Tiñan unha idea moi clara na cabeza, querian emprender, crear a sua propia empresa, para compartir o mellor que saben  facer Como o facian? De que partian? Onde querian chegar? 
As reunións, os cafés e tardes de charlas ata as tantas en que se puxeron a falar e secábaselles a garganta, foron aos poucos dando os seus primeiros froitos plasmados na súa web, para que todo o mundo póidao gozar. 
Non sabian  nada de web, nin de internet pero xa nos estaban  facendo bloggers, escribian post e atrevianse a estar de charla con vos e darvos o mellor, para que vos atopedes “divinas da morte”, pero con modelos únicos e orixinais. Modelos personalizables que se adapten ao que vos quereis. Cando vas ao traballo, a un cóctel, vaias onde vaias, non te preocupes, brillarás con luz propia e non te preocupará o que vista a túa amiga que ten un estilismo parecido ao teu. Irás cun modelo exclusivo, un deseño MISEMS. A rede axuda a que a ti poidas ver o vestido e compralo, non hai intermediarios e os prezos adáptanse aos nosos petos. 
Para estar sempre á última, aforrámosche tempo. Desde casa, nun dicir amén. Elas poden  ser o teu persoal shopper, mentres descansas na casa. 
Modelos orixinais, edicións limitadas e co traballo que facían xa as nosas avoas, artesanal e a man e con moito agarimo, para que a nosa roupa sexa única e inconfundible. O amor, a seguridade de facer a nosa propia roupa, fará que che sentas única e irrepetible. Participa da creación do teu propio estilo, da túa propia roupa. 
Con este distintivo deixamos claro o noso espírito e os nosos acenos, coas que claramente nos identificamos.

Ningún comentario: