A DEPUTADA CAMBADESA MONTSE PRADO E O VOCEIRO MUNICIPAL VICTOR CAAMAÑO TAMÉN LLE RENDIRON VISITA OS COMPAÑEIROS DA CIG.
Desde o día 23 de novembro até o día 14 de decembro, e diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, a CIG iniciou unha folga de fame contra a condena a prisión a tres sindicalistas que participaron nun piquete informativo en 2009. Estes días recibiron a vista dun fenómeno da escena comé Luis Tosar, pero un fenómeno tamén a hora de solicidarizarse coas causas do nacionalismo e comprometido coa súa terra. Luis deulle moitos animos de apoio os folguistas e espera que a xustiza, sea iso xustiza.
Os tres están condenados a tres anos de cárcere por defenderen o dereito de folga d@s traballadores e traballadoras do comercio de alimentación. Un feito que contrasta coa ausencia de calquera tipo de sentenza ou de condena aos directivos das caixas e bancos que perpetraron a estafa das preferentes ou mesmo a crise do sector financeiro que se ten cobrado miles de postos de traballo e miles de millóns de euros en cartos públicos.
Estes intentos de criminalizar a contestación social aos recortes que está a levar adiante o Partido Popular, debe suscitar en todas e todos nós a solidariedade e apoio a estes sindicalistas condenados polo simple feito de defenderen os dereitos das traballadoras e traballadores.
Neste sentido, desde o BNG e moitas outras organización manifstaron o seu apoio aos sindicalistas en folga de fame, e fan un chamamento a todas e todos vós a explicitar e difundir tamén este apoio, e por suposto,secundar a grande manifestación do día 15 de Pontevedra, data na que rematará a folga de fame.
Dicir que tamén Montse Prado, como Victor Caamaño ou Xaquin Charlin tamén xiraron a visita os compañeiros da CIG amosándolle todo o seu apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario