9 de dec. de 2012

EDUARDO BAAMONDE, PINTOR AFINCADO EN CAMBADOS PRESENTA O SEU LIBRO DE ILUSTRACIÓNS

As librarias cambadesas Ramón Cabanillas e Contos, presentan o vindeiro xoves 13 de decembro as 20 horas no Auditorio de Cambados o libro editado por factoria K de libros
 titulado “Cambados” un caderno de acuarelas para percorrer os recunchos con máis encanto de Cambados, guándose cun mapa e anotando nas súas páxinas as impresións personais do visitante: Paisaxe, arquitectura, mar, luz , pedra… O libro consta de 48 páxinas e sae cun prezo de 14 €. Está dispoñibel en Galego, Castelán e inglés.
Eduardo naceu en Vilalba (Lugo) no 1962. En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo). Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade nos certames de pintura rápida, acadando varios premios e recoñecementos. Tamén é de destacar a súa actividade como ilustrador, pois publicáronse recentemente dous textos de Ramón Caride ilustrados enteiramente por Baamonde (Ed. Everest).  


Ningún comentario: