9 de dec. de 2012

O AROUSÁN CARLOS BRANCO, “CHALEQUEIRO” DE UNHA GRANDE CHEA, MELLOR ACTOR DO XXIV FESTIVAL DE AGUILAR DE CAMPOO (PALENCIA)

O actor arousá Carlos Branco gañou o premio ao mellor actor no XXIV Festival de Aguilar de Campoo (Palencia), polo seu traballo no curto Almorzo con diadema, de Óscar Bernacer. Unha produción que cultivou numerosos premios nos últimos
meses e que está considerada por algúns críticos como un dos principais candidatos aos próximos Premios Goya 2013. 
En Almorzo con diadema, unha curtametraxe rodada en Valencia, Carlos Branco dá vida a Enrique, un home que se esperta na súa cama á beira de Aurora (Rosario Pardo). pasaron xuntos unha inusual noite na que se deshinbiron por completo. Lles embriaga a idea de sentirse vivos, pero senten terror ante a posibilidade de cambio, do que dirán, de ir contra aquilo que consideran "o establecido". 
Ao espertar, e sen saber moi ben os pasos a seguir, Enrique decide preparar un almorzo para dous. Facía anos que non compartía o almorzo con ninguén. Será algo moi especial para el e, sen sabelo, tamén para ela. Poida que este sexa o primeiro paso para subirse ao tren que tanto un como outro levan anos esperando. 
O premio a Carlos Branco non foi o único con acento galego. Neste certame tamén resultou vencedor o compositor coruñés Nani García pola banda sonora da obra O Xigante, dirixida por Luís dá Matta Almeida.

Ningún comentario: