9 de dec. de 2012

XIRONSA ORGANIZA O FESTIVAL DE NADAL

 A Asociación Cutlural Xironsa de Corvillón-Cambados organiza o vindeiro domingo 16 de decembro o Festival de Nadal. O acto será a partir das seis da tarde no Centro Cultural
de Corvillón, coa actuación de Grupos de gaitas, Pandereteiras, Grupo de baile, etc. Tamén haberá un concurso de pasteis con premios para os mellores. 
A mediados da década dos oitenta nacía en Corvillón un grupo de baile e gaitas promovido polo cura José Crespo, que proviña da parroquia veciña de Oubiña. Con el chegaron para dar clase o gaiteiro Os Faíscas Ramón Vázquez, "O Chilro", e a que hoxe é responsable de Organización do BNG, Montserrat Prado Cores, que era profesora de baile. 
En 1992 o grupo crecera moito e  decidiuse constituír en asociación. Ese foi o xerme de Xironsa, unha activa asociación cultural cambadesa. Ao principio o grupo e a asociación levaban o nome da parroquia, aínda que adoptaron o de Xironsa nos anos noventa. Este é un coñecido con que hai por fóra do porto de Tragove. .
Máis de 70 membros 
Xironsa ten na actualidade máis de 70 membros, e conta con grupos de baile e gaita, ademais de escolas de gaita, percusión, pandereita e acordeón. A entidade, que preside Alejandro Carro desde fai 18 anos, tamén organiza periodicamente obras de teatro e celebra festas polo Magosto , Nadal e outras. Dende setembro teño a inmensa sorte de pertenecer a esta “gran familia” na cal atopome moi a gusto e moi contento.


Ningún comentario: