Aínda hoxe recordo a primeira vez que me conectei a internet. Foi na oficina do meu pai fai xa uns cantos anos, e todo contento imprimía desde o computador unha foto de Michael Jordan da web de Chicago Bulls. Parecíame algo máxico.
Tamén recordo pasarme algún sábado con Martín, o biólogo da empresa, xogando e facendo túneles con canutillos de cartón para os ratos de laboratorio.
Tamén recordo pasarme algún sábado con Martín, o biólogo da empresa, xogando e facendo túneles con canutillos de cartón para os ratos de laboratorio.
| Juan Luis Iglesias, pai de Ruben, foi o que puxo en órbita o actual Xuven. |
Penso no día en que me coei na sala onde un par de señoras facían nunhas cubas a salsa que levarían as latas de zamburiñas e ofrecéronme un anaco de pan e púxenme a "facer sopas" alí mentres charlaba con elas. Faime graza recordar coa cara que me miraba a xente cando me pasaba polas oficinas e escoitaba "é o fillo de Juan, o de administración". Tamén recordarei sempre chamar e dicir "boas, está Juan Luís" e que me digan que estaba ocupado, dicirlle que son o fillo, e pedirme desculpas encarecidamente...por todo iso e moitas mais cousas que non esquecerei, sempre lle terei moito agarimo ao que esta punto de ser o modo de vida tanto do meu pai como das duascentas e pico persoas que traballan en dita conserveira, unha das mais antigas (e por moito lles foda a algúns) solventes deste país. Desde aquí un cordial saúdo aos donos de Garavilla, que ademais de vender un produto de dubidosa calidade, son unha caterba de especuladores sen escrúpulos, pero ben, non nos esquezamos de en que país vivimos, o facto humanidade conta o xusto e necesario...
Un artigo de Ruben Iglesias.NOTA DO ADMINISTRADOR.- Ruben Iglesias Laya é un excelente músico, e con este artigo acabase de revelar como marabilloso articulista.

Ningún comentario:
Publicar un comentario