Vimos de coñcer grazas o Blog do BNG que hoxe mesmo o portavoz municipal do BNG , Victor Caamaño, ven de presentar unha moción para tratamento en Pleno no Concello de Cambados, sobre os paradores. Nada mais facelo Victor
dirixiuse a onde se manifestaban estes para facer entrega dunha copia aos empregados do Parador que se atopaban conceNtrados diante do establecemento. Ademais Victor fixolle entrega das actuacións realizadas polos parlamentarios do BNG en Madrid.
dirixiuse a onde se manifestaban estes para facer entrega dunha copia aos empregados do Parador que se atopaban conceNtrados diante do establecemento. Ademais Victor fixolle entrega das actuacións realizadas polos parlamentarios do BNG en Madrid.
MOCIÓN EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO DOS PARADORES GALEGOS, ENTRE ELES O DE CAMBADOS, E CONTRA O PECHE DOS DE FERROL E VERÍN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Goberno do Estado acaba de anunciar un plan para proceder á eliminación de centos de postos de traballo en Paradores de España, que afecta gravemente aos paradores existentes en Galiza, entre eles ao de Cambados.
Por medio deste plan, duro e salvaxe, o Goberno do PP no Estado, co silencio cómplice e o beneplácito do goberno do PP na Xunta e dos alcaldes do PP nas vilas afectadas, queren proceder ao peche dos paradores de Ferrol e Verín, ademais de realizar despedimentos nos de Cambados, Baiona, Santiago de Compostela e Pontevedra, e pechar 5 meses ao ano nos de Tui, Nogueira de Ramuín, Monforte de Lemos e Vilalba.
Unha decisión que non explica que tipo de medidas ou xestións se tiveron adoptado para non chegar a este extremo e procurar a ocupación hostaleira co impulso dun plan de mellora e potenciación destes emblemáticos estabelecementos. Unha decisión que demostra a falta de xestión do PP, con capacidade demostrada para o recorte e o despido de centos de traballadores e traballadoras.
O BNG no Congreso dos Deputados xa demandou do Goberno do Estado explicacións por estes peches e despedimentos, e para saber que medidas e plans se aprobaron nos dous últimos anos para atraer demanda e impulsar a ocupación dos paradores. Antes de proceder ao peche e á eliminación de postos de traballo débense estudar outras alternativas ou realizar un Plan de Empresa.
Ademais, o BNG, quere coñecer as razóns ou criterios utilizados para esta nova agresión, xa que fronte ao caso de Ferrol que perdeu o ano pasado 50.000 euros, existen outros con perdas de até 300.000 euros, tal como declaran fontes sindicais dos traballadores e traballadoras, que non se ven afectados.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG no concello de Cambados solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo:
- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado a suspensión do Plan de axuste de Paradores de España mantendo abertos os paradores galegos durante todo o ano e impedindo o despedimento de traballadores e traballadoras.
- Demandar que se adopten medidas para procurar a ocupación hostaleira e un plan de mellora e potenciación dos paradores galegos.
- Reclamar que calquera plan que afecte aos paradores sexa negociado coas organización sindicais representativas no sector.
- Trasladar este acordo ao Presidente do Goberno do Estado, Presidente da Xunta de Galiza e grupos do Parlamento galego.
O mesmo tempo en Madrid:
O BNG SOLICITA A COMPARECENCIA DA PRESIDENTA DE PARADORES POLO PECHE DOS PARADORES DE FERROL E VERÍN E A ELIMINACIÓN DE TRABALLOS NOS PARADORES GALEGOS
“A Presidenta de Paradores debe explicar que medidas se adoptaron para impulsar a ocupación e facer un Plan para mellorar a situación destes emblemáticos establecementos”, sinala Rosana Pérez
Madrid, 4 Decembro 2012. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou hoxe a comparecencia urxente da Presidenta de Paradores de España para que acuda á Cámara a dar explicacións do “duro e salvaxe Plan de peche dos paradores galegos de Ferrol e Verín, o anuncio de peches parciais doutros paradores e a eliminación de centos de postos de traballo”.
A deputada do BNG considera que a responsábel da rede de paradores do Estado debe “explicar na Cámara o plan de peche de establecementos en todo o Estado, e en concreto na Galiza, e a supresión de 644 empregos en todo o Estado”.
O PP non sabe xestionar, só recortar
Rosana Pérez quer que a Presidenta de Paradores diga se “nos dous últimos anos aprobou medidas e plans para atraer demanda e impulsar a ocupación dos paradores. Debe aclarar se se levou a cabo algún Programa destinado a aumentar a ocupación nestes establecementos porque antes de pechar paradores e mandar a máis persoas ao paro se deben adoptar outras medidas”.
A deputada do BNG acompañará estas iniciativas doutras porque se trata dun tema importante, “e outra vítima inxusta dos salvaxes recortes do PP que nos vai deixar sen nada”.
Para a parlamentar nacionalista “a responsábel dos Paradores debe aclarar aspeito como que se queira pechar o establecemento de Ferrol que acumula perdas de 50.000 euros en relación ao ano pasado cando noutros que non se van pechar levan unhas perdas que ascenden a 300.000 euros”.
A Isto chámse traballar pola xente o que vai facer Luis Aragunde no Pleno e cando se vote a moción e “rirse” dos traballadores do Parador. Estaria ben que os empregados do Parador estiveran presentes no pleno para verlle o morro a Luis Aragunde vendo como está encontra dos seus intereses.



Ningún comentario:
Publicar un comentario