7 de dec. de 2012

XA A VENDA AS ENTRADAS PARA VER Á SELECCIÓN GALEGA NA XUNQUEIRA

O colectivo nacionalista  Siareir@s Galeg@s saca á venda as entradas para o partido de fútbol de Galicia contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra. Os afeccionados completan o encontro cunha seria de actos lúdicos e reivindicativos.
A entrada para a Xunqueira vale só 5 euros. 15 euros terán que abonar os que, ademais, queiran acudir ao concerto. O colectivo nacionalista Siareir@s Galeg@s organizará o partido contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra.
As entradas pódense mercar nestes centros sociais:
Compostela: C.S. Gentalha do Pichel (Rua Santa Clara, 21)
A Coruña:  Faluya (Orzam, 75)
Ourense: Vagalume (Rúa Cabeza de Manzaneda, 3) e Grandola (Praza de San Marcial, 1)
Lugo: C.S. Madialeva (Manuel Amor Meilán, 18)
Pontevedra: C.S. Revira (Gonzalo Gallas, 4)
Vigo: C.S. Revolta (Real, 32) C.S. Faisca (Toledo, 9)
Trasancos: Fundaçom Artabria (Travesa de Batallóns, 7)
"Este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo", argumenta ó colectivo.

Máis info en: http://siareirasgalegas.org/web2/

Ningún comentario: