4 de dec. de 2012

EN CAMBADOS TARDA 45 DIAS, POLO MENOS, EN CHEGAR UNHA CARTA CERTIFICADA

A MIN AÍNDA NON ME CHEGOU A DA CULTURAL QUE PROMETERON MANDARME A MEDIADOS  DE OUTUBRO.
Ricardo Oliveira, Tesoureiro
da Cultural.

Como sabedes faltando dous ou tres días para as eleccións do pasado 21 de outubro,  a directiva da Sociedade Cultural, acorda declararme persoa “NON GRATA” e prohibiume a entrada o edificio ó cal facía mais de dez anos que non ía. Como xa dixen na prensa baixo o meu punto de vista, unha medida política sen parangón na democracia cambadesa,  cen por cen. A carta remataba dicindo nun perfecto castelán, por castelanizar ate castelanizaba o meu nome “se le enviará – iso si non dicía cando- una carta certificada a Joaquin Charlin González y se le invitará a borrar de su blog la citada entrada y que publique una rectificación de toda a cusación vertida…”. Ben , nin recibín carta , nin vou facer ningunha rectificación, e vou a seguir falando da Cultural cando me pete para iso recibiron un millón de euros de diñeiro público e iso facultame para criticala , dentro da legalidade, cando queira,  iso si "o meu bufete de  avogados está a estudar a carta" por  si se pode emprender accións legais contra a directiva da Cultural , pois o miña palabra e pola tanto o meu honor facian que  quedara en entredito nesa carta, insisto enviada os socios tres días antes das eleccións , se esta non é unha medida política que baixe Deus e o vexa. 
O fondo, nun mitin do PP,  de locutor , o tesoureiro da
Cultural,  Ricardo Oliveira
Por certo o día  24 de outubro saia o tesoureiro da Sociedade Cultural , Ricardo Oliveira a sazón, locutor oficial dos mitins do PP e dos actos do concello (gustariame saber algún  día a situación laboral deste señor no concello, só por curiosidade), na voz de Galicia e Bea Costa facíalle esta pregunta:
-Charlín insiste en que a directiva está vinculada ao PP...
El respostaba
-El pode dicir o que lle plazca, pero a realidade é diferente. En todo caso, nós representamos aos socios e non queremos que se faga política coa Cultural.
JA JA JA JA JA JA. Menos mal querido Ricardo que en Cambados todos nos coñecemos e todos sabemos quen forman parte da directiva da Sociedade Cultural, e todos sabemos de que pe “coxean politicamente” a maioria deles, a túa contestación foi cando menos de risa, por non dicir patética.
O que non se pode  é facer unha carta informando os socios de feitos que non son verdade, ameazar a unha persoa de tomar accións legais contra ela e logo  calar a boca.  Por certo recibín infinidade de mostras de cariño e de aprecio de moitos  socios da  Cultural, incluso dalgún directivo,  algúns incluso se me ofreceron para ir de testemuñas, e todos me dicían o mesmo: ”Xa sabemos a quen temos na directiva e quen  é o presidente…”
Ben, sigo a espera da carta certificada, senón xa sabedes quen son os que faltan a verdade neste asunto, eu dende logo non.


ESTA É A CARTA QUE A DIRECTIVA DA CULTURAL ENVIORONLLE OS SOCIOS TRES DIAS ANTES DAS ELECCIÓN DO 21 DE OUTUBRO












Ningún comentario: