4 de dec. de 2012

RAJOY DESMATELA A REDE DE PARADORES DE FRAGA. O DE CAMBADOS PERDE TRES TRABALLADORES.

A empresa pública Paradores de Turismo anunciou onte unexpediente de regulación de empleou (ERE) que suporá o despedimento de 644 traballadores, ao redor do 14 % do seu persoal en toda España, e o peche de sete dos seus 94 establecementos, entre eles os galegos de Ferrol e Verín. A
compañía hostaleira alega a «insostible» situación que atravesa por mor da prolongada crise económica, e anuncia tamén peches parciais de cinco meses ao ano que afectarán a outros 27 paradores, entre eles os de San Estevo, Tui, Monforte e Vilalba.
O Parador de Cambados segue aberto todo o ano, pero perde tres traballadores. 
O establecemento arousán é un dos poucos de Galicia que se salvan  polo de agora do plan de peches totais e temporais que manexa a dirección da cadea hostaleira estatal , pero en troques perde efectivos.
O Parador de Turismo de Cambados tampouco sae ben dos recortes que planea a dirección da empresa estatal, pois en principio seguirá aberto durante todo o ano. Iso si, o documento que Paradores remitiu aos sindicatos inclúe o despedimento de tres dos 31 traballadores do centro cambadés. 
O de Cambados, con todo, parece que se salvará deste plan de reestruturación, a tenor do que indica o documento que a dirección da empresa mandou onte ao comité intercentros. Un documento sobre o que agora se vai a negociar. 
O plan, que os representantes dos traballadores coñeceron estes, incluirá, ademais da destrución de empregos derivada dos peches de Ferrol e Verín, outros dez despedimentos no Parador de Baiona, tres máis no de Cambados, cinco no de Pontevedra e dezanove no de Santiago. En Galicia, paradores conta con 550 traballadores.
«E a todo iso aínda lle haberá que sumar a perda de empregos nos centros que pechen cinco meses ao ano. Así que non imos aceptar, baixo ningún concepto, ou que se pretende facer», sinalou Jorge Carneiro, delegado de persoal e membro do comité intercentros.

1 comentario:

o quinto dixo...

este mentireiro mais grande do planeta desmantela os paradores,entonces o incompetente politico de louzan pa que carallo levanta pousadas coma a da armenteira, cando se marcharan da politica estes comedores e bebedores, toman o pobo por tontos, e o pobo bota por eles, temos o que nos merecemos