4 de dec. de 2012

UNHA CAMBADESA QUE CONQUISTA LONDRES: ANTONIA PEÑA

É AUTORA DE NUMEROSAS PORTADAS DE INTERVIU E PLAY BOY.
Antonia Peña, nace en Cambados en 1979, o seu pai era o finado de Moncho Peña, xerente durante moitos anos
de Conservas Peña e a súa nai Nélida González Concheiro, pronto marchou de Cambados para facer os seus estudos de fotografia,  traballa como fotógrafa profesional desde 2002, construíndo primeiramente o seu negocio en Madrid, e actualmente establecendo o seu negocio en Londres como fotógrafa de moda, glamour e fotografía gastronómica. 
Nas ruinas.
Antonia empezou a súa carreira artística facéndose autorretratos e chegando a ser membro como artista da Galeria Dolores de Sierra en Madrid, expondo ao mesmo tempo ao redor do mundo: Tiaf. Toronto(Canada) 2005,Manage Museum(Rusia) 2005, “Re-Xénero” exposición no Centro Cultural de España en Lima (Perú),2009.Así como exposicións por Galerías en moitas cidades españolas. 

Coas mariscadoras
Logo de chegar a ser internacionalmente recoñecida como artista, ela chega a facer portadas para importantes revistas como Playboy, Interviú, Maxim e outras.A súa paixón pola Gastronomía faille contactar con grandes compañías, prestixioso chefs e as mellores revistas gastronomitas en España, empezando a realizar reportaxes e portadas Gastronómicas e chegando ao éxito e a ser recoñecida no mundo da gastronomía.Co seu punto de frescura, naturalidade e inmediatez . 
A torre vista por ela.
As imaxes de Antonia evocan emoción e tensión sensual. Estas calidades, xunto coa súa firme convicción de que a fotografía ten unha forte sensación de movemento, son inconfundibles no seu estilo. 

Antonia é unha fotógrafa de publicidade internacional, con algúns clientes como: Playboy, Maxim, Zoo, GX Magazine, Spain Gourmetour Magazine, Xoias Vanessa Kandiyoti, Hoss Intropía, Royal National Ballet, BMW, Miele, Pepsico, Cafés a Mexicana, Real Conserveira Española, Conservas Ramón Pena, Produtos Disop, Conxelados Fandicosta e moitos outros.. 

Con Unha Grande Chea
A inmediatez do seu traballo, as imaxes de Antonia evocan  a emoción e a tensión sensual. Estas calidades, xunto coa súa firme convicción de que a fotografía forte ten que ter un sentido de circulación, son inconfundibles no seu estilo.  

Antonia nunca se esquece da súa Galicia nin do seu Cambados, e son moitas as visitas que xira o seu enderezo familiar no Brexo. Tamén ten vido en mais de unha ocasión a Festa do Albariño de Cambados, donde incluso ten posado con membros da desaparecida Asociación Unha Grande Chea. 
En Londres
Declarase admiradora de Janis Joplin (a foto do principio é unha comparitiva entre ela e a cantante), e ata ten o seu parecido. Fai uns anos foi protagonista do programa de sexa Vidas Anónimas rodado en gran parte en Cambados, onde se poden ver a varios personaxes da vila entre eles as famosas mariscadoras,  Alejandro presidente de Xironsa, incluso chega a dicir que lle encantaria fotografiar a un anxel espido nas Ruinas de Santa Mariña, tamén se ve a Leria, o gaiteiro Nacho etc, e digno de ver, aquí volos deixamos para que coñezades un pouco mais a Antonia e a súa marabillosa  tolemia, en duas partes: 

1ª PARTE.
2ª parte



Mais fotos relativas a Antonia










Ningún comentario: