3 de dec. de 2012

OS HERDEIROS DE ASOREY FAN UNHA PAXINA WEB DO ARTISTA. SÓ TEÑEN VERSIÓN EN CASTELÁN.

Esta páxina, comezan decindo na mesma,  ten como obxectivo que se manteña viva a memoria e divúlguese a obra do escultor Asorey. Nestes momentos tan difíciles para a cultura en xeral e a escultura en particular os herdeiros propoñen  unha idea que cun custo limitado sexa posible que
alcalce ao maior número de persoas posibles. 
É tamén o seu propósito crear unha asociación sen ánimo de lucro para procurar a restauración de monumentos e obras públicas, posto que como herdeiros dos dereitos legais teñen a potestade de solicitar e velar pola boa conservación dos mesmos. Recorrerán ás administracións posto que hai obras que requiren unha intervención urxente.
Están tamén  dixitalizando a biblioteca do artista. Os libros, máis de 200, non están adecuadamente protexidos pola sua carencia de medios, por iso é polo que nos ofrecen outro soporte que non sexa o papel. Queren  facer chegar a todos este traballo, pero desgraciadamente as obras con copyright ou dereitos de autor non se poden difundir, é por iso que se están a asesorar  legalmente para ver que poden facer. 
Advirtenos expresamente que a páxina  está protexido por dereitos de autor. Está prohibida a utilización de imaxes ou textos sen a licenza do autor. 
Ben,  eu personalmente,  para saber algo do autor miro o blog de Maribel que me parece moito mais completo en todos os sentidos e non pon ningún problema a hora de baixar fotos. Por certo extraname que sendo o titulo de páxina “Francisco Asorey O Escultor da raza” non teña unha versión en galego. 
P.D. Avertencia os autores da páxina de Asorey : as fotos que ilustran esta nova foron recollidas de http://pacoasorey.blogspot.com.es/



Ningún comentario: