17 de dec. de 2012

ENTREVISTA A UN AMEAZADO POLO Poder Político

Levaba varias semanas detrás del tratando de localizalo, é unha destas persoas ameazas polo Poder Político das que eu vos falara noutras entradas neste blog, algúns empezáronme a falar del ate que o un amigo díxome quen era e deume o seu telefono, é asiduo lector do meu blog e ademais ten unha
páxina de facebook con preto de 2000 amigos. Evidentemente non podo dicir a identidade desta persoa, nin a rúa onde vive nin o Concello onde foi ameazado, pero si vos podo dicir que é unha persoa de mediana idade e que vese o medo no seu rostro cando falas con él. Hoxe as 16 horas ficamos nun sitio para falar do tema, e concretar xa un pouquiño mais en que consisten estas ameazas, a él vouno chamar X, e despois das presentacións de rigor a entrevista transcorreu do seguinte xeito:
A Ti Meu Cambados.- Ola que tal como estás, encantado de coñecerte.
X.- Dentro do que cabe atópome ben no que se refire o aspecto físico,  un pouco "fodido" no que se refire o as aspecto moral e anímico,  e con bastante temor despois do que me dixeron.
ATMC.- Cóntame, dende cando estás na rede?
X.- Fai aproximadamente dous anos que estou pola rede, concretamente teño unha páxina de facebook con preto de 2000 amigos.
ATMC.- Que soles poñer na túa páxina?
X.-Normalmente cousas persoais case que ningunha,  sempre trato de denunciar as inxustizas no mundo, a fame, a represión e tamén denunciar cousas do meu concello e doutros concellos, unha das cousas que mais me gusta denunciar é a corrupción dos partidos políticos e en particular do que mais manda no Salnés, que ten para dar e tomar.
ATMC.- Cando empezaron as “presións” sobre a túa persoa.?
X.- Dende fai un ano aproximadamente tiven un problema no Concello e xente achegada a certo Partido Político empezaron a reprochar entradas que eu poñía no meu facebook, pero isto de xeito persoal nada por medio do facebook, en principio alarmeime un pouco, pero non lle din mais importancia, pero dias mais tarde xa tamén persoalmente certo veciño díxomo “Ten coidado co que escribes no facebook, que te teñen debaixo dunha moa”, entón a partires de aí xa empecei a coller medo e aínda que ando normalmente pola rúa sempre tes aquel temor de mirar para atrás a ver quen ven, ou de non meterme en conversas de bares onde no me chaman, porque algún esbirro destes cunha copa de mais igual che larga unha hostia.
ATMC.- Como non denunciaches estas ameazas no xulgado?
X.-O mesmo que me dixo o “da moa” advertiume, que non denunciara os feitos no xulgado díxome “a que che pode caer enriba túa é boa.”. Ante isto e como a cousa de momento non foi a maiores , non denuncie nada.
ATMC.- E non se che ocorreu denuncialo a prensa?
X.- Chon, quen é a  prensa, os donos dos periódicos son da mesma corda ca eles, e mais hai certo periódico de Arousa que como digas algo do xefe supremo de Pontevedra, o primeiro que chaman é a el.
ATMC.- Vas seguir no facebook?
Pousada de Ribadumia.
X.- Vou seguir reivindicando no futuro estas inxustizas , por exemplo o das Pousadas parece de escándalo, non é lóxico que por exemplo na zona de Ribadumia e Meis estanse a construír 3 pousadas  no radio de tres quilómetros,  con cartos públicos para prexudicar a hoteis, logro privatizalas e forrarse e por riba pechando paradores ou botando fora a xente dos mesmos. O que mais me estraña é que a hostalería non diga nada o  respecto.
ATMC.- Que é realmente o que mais che "fastidia"?
X.- O que mais me "fastidia" é o desprezo absoluto do pobo a xente normal e corrente úsana como se fora papel de usar e tirar solo lle fan caso nas aproximacións  de citas electorais.
ATMC.- A que te refires con este desprezo ao pobo?
X.- Sabes que sempre din que están a disposición dos seus paisanos en todo o que faga falta, pois ben pedín fai un ano unha cita diante dunha autoridade provincial moi importante desta zona e aínda estou esperando a que me reciba.
ATMC.- Tes medo de que se leven a efectos estas ameazas?
X.- Pois si, porque non é a primeira vez que as levan a cabo nunha ocasión o Secretario dun partido coñecido nun pobo da zona foi apuñalado pola pai dun personaxe político moi coñecido e foise de "rositas" , taparon todo no xulgado e sabes que dixo porque o apuñalou “Pois porque lle estaba a foder a carreira política o seu fillo”.
ATMC.- Quéresnos dicir algo mais?
X.- Agora fico un pouco mais tranquilo, a aínda que non descarto que en calquer momento un "esbirro" desta xente me lesione , xa sei de alguén que antes o contou en  público.
Despídome de X, tratando de animalo un pouco, xa sabemos que estamos a tratar con xente sen escrúpulos e fan verdadeiro terrorismo político cos veciños que non son da súa corda, pero dándolle as grazas para que siga denunciando inxustizas no seu facebook.

Ningún comentario: