16 de dec. de 2012

LINO SILVA EXPÓN EN MUEBLES OTERO EN CAMBADOS

Onte o famoso pintor cambadés Lino Silva inaugurou  unha exposición que leva por titulo “EXPRESIONANTE”, e a mesma podemola ver en Muebles Otero sito na Avda. de Vilagarcia 91
de Cambados.  
Nada menos que 50 cadros de estilo expresionista nas que o mestre volve plasmar unha visión canalla do escarnio. En consonancia con este carácter irreverente, a exposición trasladouse fóra das salas convencionais e exhíbese, como xa dixemos,  na moblería local Establecimientos Otero. A mostra, de entrada libre e gratuíta, permanecerá aberta ata o día 12 de febreiro na moblería cambadesa e poderá visitarse en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.


Ningún comentario: