29 de dec. de 2012

FRAGA FOI BATMAN POR UNS INTRES. É A SEGUNDA PINTADA NA ESTATUA DO DICTADOR.

XA HAI QUEN PIDE QUE  A PINTEN DE SPIDERMAN
A estatua de Fraga amenceu pintada por segunda vez en un mes. Se a finais de Novembro os “artistas” elixiron a Superman para decorala, con pintura vermella na capa e un símbolo no peito, agora tocoulle o turno a Batman. Polo menos así o reflectiron co morcego característico plasmado no peito, aínda que ademais os pantalóns da escultura foron cubertos de amarelo.
O curioso de todo isto é a rapidez coa que o Concello (presuntamente, claro) limpou a pintura. Se ás 12.30 se difundía en Twitter a imaxe da pintada, pouco máis tarde da unha xa estaba medio limpa. Da anterior vez, o Concello asegurara que a limpara rápido porque estaba a máquina de limpeza a presión na zona, pero restaran importancia ao sucedido porque segundo Aragunde “hai que darlle o mesmo valor que se fora un banco ou a escultura de calqueira outro persoeiro”.
Polo de agora, non hai reaccións oficiais ao acto desta noite, aínda que parece complicado manter agora que non hai relación entre estes actos e o malestar que causou a instalación da estatua en Cambados. 
Na rede, a imaxe estase a extender moi rapidamente, a pesar de que os medios convencionais non se fixeron eco da nova por agora. Os comentarios retranqueiros son os máis extendidos, e hai usuarios que solicitan que para “a próxima” sexa Spiderman o que se plante en Torrado.
Nova e fotos recollidas de www.cambados.tk






Ningún comentario: