30 de dec. de 2012

REPRESENTACIÓN CAMBADESA ONTE EN PONTEVEDRA NO PARTIDO DA SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL

A SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL DISPUTOU UN AMISTOSO CONTRA KURDISTÁN 
O colectivo Siareir@s Galeg@s elixiu Pontevedra para 
reivindicar o seu dereito a que Galicia poida competir internacionalmente con outro países e para iso organizou unpartido no campo da Xunqueira entre a Selección Gelega e a selección de Kurdistán. 
No combinado autonómico hai que destacar a presenza de xogadores como Roberto Piñeiro e Roberto Feáns, que militan actualmente no Villalonga. Os afeccionados chegaron desde os diferentes puntos da xeografía galega, xa que o día remataba cun concerto que se celebrou nas explanada do Pazo dá Cultura da cidade do Lérez. 
Como non podia ser doutra maneira tamén varios afeccionados de Cambados estiveron presentes  neste encontro, entre eles Avelino Aragunde quen foi o que nos fixo chegar as fotos do encontro,  e a “Peña do Rif” que levaron unha pancarta alusiva a Cambados. Nestes casos o de menos é  o resultado.
Aquí tedes as fotos do acontecemento.:










Ningún comentario: