FAI UNS DIAS FOI “HOMENAXEADA” EN CAMBADOS POLO CONSORCIO PRESIDIDO POR MARCOS GONZALEZ.
Á exalcaldesa de Ponteareas, exdirectora xeral do comercio e deputada autonómica do PP, Nava Castro Domínguez, pode custarlle moi cara a decisión «arbitraria», así tipificada nun auto da Audiencia Provincial da Coruña, que tomou o pasado mes de marzo ao abortar a celebración da feira de oportunidades Santiago Outlet só unhas horas antes do seu inicio, cando os organizadores xa incorreran en gastos publicitarios e de xestión valorados en 50.000 euros.
A Xustiza entende que a entón directora xeral de Comercio da Xunta puido cometer un delito de prevaricación administrativa ao denegar o permiso a devandita feira baseándose en datos erróneos e nun informe que non era nin preceptivo nin vinculante.

A denegación do permiso foi remitido por correo electrónico aos organizadores a tarde do día anterior ao comezo da feira, cando a maioría dos expositores estaban montados e xa se gastaron 4.226 euros en cartelería, outros tantos en publicidade en prensa, 5.500 euros en enmoquetar o recinto de Amio e 4.000 euros en montaxes, á vez que se contratou a tres coidadoras e a cinco azafatas para asistir ao público. Segundo o auto da Audiencia Provincial da Coruña, «constitúe unha conduta arbitraria», reflicte o auto, e pode ser constitutivo dun delito de prevaricación administrativa.
O CONSORCIO, DESTACA O LABOR DA EXDIRECTORA NAVA CASTRO ESTANDO XA QUERELADA POR ESTE PRESUNTO DELITO.
O Consorcio do Comercio do Salnés ofreceu fai uns días unha comida de agradecemento á que foi directora xeral de Comercio da Xunta durante os últimos catro anos, pola súa sensibilidade en canto aos problemas e necesidades do sector na comarca e o seu traballo a favor da procura de solucións e o apoio ofrecido.
O evento celebrouse nun coñecido restaurante da capital do albariño e reuniu a membros da directiva do consorcio, entre eles o seu presidente, Marcos González. Consistiu nunha comida pero ademais, entregáronlle un detalle á exdirectora que agradeceu as mostras de afecto., Nava nestas datas xa estaba baixo investigación xudicial.
Segundo González, o fin desta reunión era recoñecer o labor desempeñado por Nava Castro á fronte da dirección xeral de Comercio da Xunta durante os catro anos que ocupou o cargo. Así como “a labor que fixo en defensa do pequeno comercio. Para agradecerlle a predisposición que sempre amosou en axudar ao comercio de proximidade dá comarca do Salnés, e ou interese amosado por solucionar vos problemas cos que se ten que enfrontar día a día ou pequeno comercio”, engadiron desde o Consorcio. A Audiencia Pronvial de A Coruña, obviamente non pensa o mesmo que Marcos e manda continuar o proceso por prevaricación contra a individua en cuestión,.
Esta entidade mostrouse agradecida pola atención prestada por Castro a este sector que non é alleo á difícil situación económica que atravesa o país.
De feito, atópase inmerso nunha profunda crise que organizacións como o Consorcio tratan de paliar mediante diferentes propostas. Así, non só pon en marcha campañas en datas sinaladas como o Nadal, senón que tamén tratan de buscar acordos que axuden aos seus asociados a superar as dificultades. De feito, para a posta en marcha de moitas iniciativas e afrontar novos retos contaron co respaldo da exdirectora xeral que, polo momento, non se sabe se repetirá cargo no novo goberno. É paradoxico, pero sempre lle dan as grazas os personaxes e politicos que nos meten nos fregados nos que estamos. Lembremo que Feijoo dixo que todo aquel deputado imputado debe demitir por un asunto de ética.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2012/12/12/investigan-diputada-pp-prevarico-negar-permiso/0003_201212G12P2991.htm?idioma=galego

1 comentario:
Somentes comidas, xantares de recoñecemento da labor que están obrigados a facer os políticos, que en todo caso serían eles os que teñen que estar agradecidos os seus votantes por darlle a oportunidade de facer algo tan maxestuoso como representar e traballar polo país, sexa a relevancia que sexa a do seu posto, sendo as urnas as que de verdade recoñezan o traballo ben feito. Esí está este país, cheo de comesdebalde que ainda por riba hai que manter con xantares que o final pagan os de sempre e que o único que perseguen é a xuntanza dos acólitos igualpensantes que se enchen de soberbia amén de productos da terra. Sempre os mesmos nas fotos, SEMPRE.
Publicar un comentario