6 de dec. de 2012

O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES ESTREA “O VIÑO QUE SABE A FESTA” O 15 DE DECEMBRO.

O vindeiro sábado 15 de decembro ás 20 horas os cambadeses  poderemos  asistir á estrea de "O viño que sabe a Festa", unha serie de anuncios promocionais sobre a Festa do Albariño que dirixiu este verán o realizador cambadés Juan Galiñanes. A cita é no auditorio da Xuventude. 
O vídeo promocional estará composto por catro anuncios que formarán parte dun todo, cada un dos cales estará destinado a un público ou target específico. O verdadeiramente importante é demostrar que esta festa é apta para todos os públicos.
Tal e como afirma o premiado director e técnico de posproducción: «É unha festa para todos, para a xuventude, para xente maior, para turistas...incluso para algún peregrino perdido que ande por aí».
Entre os “actores” participantes a mais destacabel, se dúbida,  pola súa veterania é a polifácetica Maria Pedreira, protagonista do curto dirixido por Rodrigo Piñeiro “A man Segreda” e colaboradora habitual dunha compañía de teatro de Cambados. Maria tamén é “bombeira”  e pandereteira do grupo Volandeira.
Dicir tamén que Juan fixo un grande favor o seu pobo, pois el non cobra o seu traballo e sobre todo o que é ainda mais caro o seu talento, correndo o condello cos gastos de material e producción. Os actores acturan tamén de xeito altruista.

Ningún comentario: