A hostalería quere repetir as xornadas da volandeira pese ao índice discreto de vendas .A actividade aínda se celebra ata este domingo, e os 15 negocios participantes confían en que estes días haxa máis clientes.
O índice de vendas das xornadas da zamburiña están sendo discretos, pero a hostalería de Cambados quere repetir a experiencia. Por unha banda porque aínda quedan os que se supón que serán os días de maior afluencia de xente -as xornadas terminan aínda o domingo-, e segundo porque están convencidos de que aínda que ao final non se faga un gran negocio este tipo de actividades colectivas son o camiño a seguir.
![]() |
| Aragunde |
Aragunde conta que no caso dos seus dous establecementos "está habendo algo os fins de semana, pero de luns a xoves nada. É máis ou menos o que esperaba, porque esta actividade é interesante, pero está moi condicionada pola crise". No Mar de Arousa fan o mesmo diagnóstico. "Abrimos o día que empezaron as xornadas e no noso caso vendemos moi pouca volandeira. A ver se agora durante a ponte anímanse un pouco as cousas", relata Antonio González.
![]() |
| Elvira Romay |
![]() |
| Antonio Botana |
Elvira Romay di que no seu caso "houbo moito ambiente nos dous fins de semana, sobre todo no primeiro" e tamén ten esperanzas de que estes días as vendas sexan boas. "A xente anda moi xusta de orzamento, pero confiamos en que haxa algún día bo".
![]() |
| Miguel Solla |
Nas xornadas participan 15 establecementos de Cambados, e en cada un deles ofrecen unha preparación distinta de volandeira, un marisco da familia da zamburiña. Os prezos son iguais en todos os locais: cinco euros a ración de volandeira; e 12 euros a ración deste marisco acompañada dunha botella de albariño da marca recomendada pola casa.
En Lume de Leña apuntan que no seu establecemento os clientes están optando máis por pedir só a ración de marisco, mentres que na Casa de Miguel sae máis a oferta de volandeira e albariño a 12 euros. En canto a propostas para próximas edicións, Elvira Romay suxire organizar un concurso entre os hostaleiros para que os consumidores ou un xurado escollan a mellor tapa.
![]() |
| Bar Reboredo |
Entre as preparacións que se serven hainas en empanada, con salsa de vieiras ou nécoras, acompañada de cogomelos ou froitos secos, con pisto de biscaíña ou vinagreta de algas.








Ningún comentario:
Publicar un comentario