9 de dec. de 2012

RECIBIU O PRESIDENTE DE “NOVAS XERACIÓNS DE CAMBADOS” COMO TRABALLADOR DO PARADOR A VISITA DE ARAGUNDE?

OS CULPABLES DE TODO ISTO SON XENTE DO PP. 
A práctica totalidade do persoal de Cambados secundou tamén onte a convocatoria de folga e entre eles poidemos ver o Presidente de Novas Xeracións de Cambados Alberto Serantes González,  que pode ser
un dos afectados polo ERE, se non o fixera, como asi foi, moi  mal por parte de Aragunde a no solidarizarse cando menos co seu compañeiro de partido.
Os traballadores do Parador de Turismo de Cambados continuaron onte coa súa concentración de protesta ante o establecemento. Unha vez máis, a folga foi secundada pola práctica totalidade do persoal, que agora xa teñen a vista posta en Madrid, onde o martes iníciase o proceso de negociación entre a dirección da cadea hostaleira e os sindicatos. 
Paradores expón unha reestruturación da cadea a nivel estatal, e no caso de Cambados suporía o despedimento de tres dos 31 traballadores. O persoal considéraos inxustos e confía en que a dirección da empresa estatal dea marcha atrás. 
O persoal de Cambados recibiu o venres a visita dos portavoces do BNG e o PSOE, Víctor Caamaño e Fátima Abal  a visita que non recibiron foi a do Alcalde de Cambados, é mais, tiveron que desprazarse  ata a praza Arousa -unha plazoleta situada a uns 200 metros do Parador- para pedir o apoio do conselleiro de Presidencia, Afonso Roda, que se atopaba realizando unha visita institucional a Cambados, acompañado do Alcalde o cal como podedes ver na fopto tiña unha cara e decircunstancias. Non sabemos si ata esta praza se trasladou tamén o presidente de Novas Xeración Alberto Serantes, unha situación compromtida para él, seguramente, imaxino que Alberto usará as súas “influencias” para que o PP vote a favor da moción presentada polo BNG de Cambados a prol dos traballadores do parador. 
Alberto con parte dosculpables
da desfeita.
Unha das teses dos traballadores é que o establecemento da vila do albariño é rendible, e que os empregados teñen precisamente moito que ver coa imaxe de calidade que os hóspedes teñen deste establecemento de catro estrelas con 58 habitacións. 
OS CULPABLES DO ISTO SON XENTE DO PP
A primeira en desembarcar foi a actual presidenta da compañía, Angeles Alarcó cun sueldo astronomica que triplica o do presidente do goberno segundo algúns medios, ex muller de Rodrigo Rato e íntima amiga de Esperanza Aguirre. Gela, como a coñecen os máis próximos, traballara ata entón ás ordes da ex presidenta madrileña como directora xeneral de Turismo da Comunidade de Madrid. Tras a súa separación de Intre, logo de máis de 10 anos de matrimonio e tres fillos en común, Alarcó foi fichada por Aguirre como asesora da Presidencia. 
A súa xefa de Gabinete en Paradores é Águeda Areilza Carvajal, neta de José María de Areilza, un dos pais fundadores de Alianza Popular -a precursora do actual PP-, man dereita de Manuel Fraga e primeiro ministro de Asuntos Exteriores da Transición. Pero a fichaxe de Águeda Areilza decisións persoais de Alarcó; o resto dos cargos directivos fóronlle impostos desde arriba por altos cargos do Goberno e o partido.

http://www.elconfidencial.com/espana/2012/12/09/el-pp-enchufo-en-la-direccion-de-paradores-a-familiares-y-amigos-meses-antes-del-ere-110801/ 

Ningún comentario: